O vindeiro 7 de marzo a Universidade da Coruña e Oracle organizan na Facultade de Informática da UDC unha xornada formativa dirixida a nenas e mozas entre 4 e 16 anos enmarcada na conmemoración do Día Internacional da Muller (8 de marzo) e orientada a promover a igualdade de xénero no ámbito científico e tecnolóxico e a espertar vocacións no eido STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).
Para público en xeral
07/03/2026
de 10.30 a 14.00 h.
de balde
Universidade da Coruña. Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade
tel.: 981 167 00
correo-e: vee@udc.gal
Durante a xornada realizaranse obradoiros de programación, robótica, intelixencia artificial e outras tecnoloxías emerxentes, cun enfoque totalmente práctico: experimentar, crear e aprender mentres se divirten. Ademais, tamén haberá sesións informativas para as familias, nas que poderán coñecer mellor as opcións formativas STEM e a oferta académica da UDC.
Lugar: Facultade de Informática da UDC (Campus de Elviña - A Coruña)
Inscrición: online en https://eventreg.oracle.com (prazas limitadas, asignaranse por rigorosa orde de inscrición)
Programa:
Dende o 23/02/2026 ata o 08/03/2026
Envía a tua idea ou proposta a nocturniacoruna@gmail.com
Dende o 01/03/2026 ata o 20/03/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible