Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Prazas nas residencias xuvenís

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dispón de residencias xuvenís que, ademais de aloxamento e mantenza, ofrecen unha serie de servizos e actividades complementarias. As ditas instalacións póñense á disposición das persoas mozas estudantes, coa reserva dun número de prazas para as persoas mozas traballadoras.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 22/06/2026

Duración:

O período máximo de estadía será de 11 meses e estará comprendido no período establecido para o curso académico.

Prezo:

  • Persoas estudantes e persoas traballadoras:
    • Cuarto dobre: 324 € por persoa residente e mes.
    • Cuarto cuádruplo: 250 € por persoa residente e mes.
  • Persoas estudantes colaboradoras bolseiras: ademais dos servizos xerais, gozarán do aloxamento e mantenza gratuítos.

Requisitos:

  • Nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser persoa estranxeira residente en España.
  • Persoas estudantes non bolseiras:
    • Ter os 16 anos feitos e non superar os 30 anos en 31 de decembro de 2026.
    • Estar cursando estudos de bacharelato, formación profesional, ciclos formativos, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente, doutoramentos ou estudos de mestrados universitarios oficiais.
    • Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar a persoa solicitante. Aquelas persoas que conten con oferta de centros públicos no seu lugar de residencia, pero non alcancen a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso, poderán optar ás prazas ofertadas.
  • Persoas estudantes colaboradoras bolseiras:
    • Ter os 18 anos feitos e non superar os 30 anos a 31 de decembro de 2026.
    • Non ter perdido a condición de persoa estudante colaboradora bolseira da cal foi beneficiaria en convocatorias anteriores, por causa imputable á dita persoa solicitante e beneficiaria da bolsa.
    • Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade como persoa colaboradora na residencia xuvenil.
    • Ter unha renda media familiar inferior ao 150 % do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do ano en curso.
    • Ser residente nalgún dos dous últimos anos nalgunha das residencias xuvenís.
  • Persoas traballadoras:
    • Ter os 16 anos feitos e non superar os 30 anos en 31 de decembro de 2026.
    • Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual.
    • Que, no caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida, teña unha duración mínima de tres meses.
    • Que estea dada de alta no réxime de persoas traballadoras autónomas da Seguridade Social, para o caso de ser unha persoa traballadora por conta propia.

Páxina web:

https://xuventude.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Dirección Xeral de Xuventude

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, planta cero. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 544 645

Email: programas.xuventude@xunta.gal

Dificultades técnicas: teléfono de información 012 ou enderezo electrónico 012@xunta.gal

Publicación:

DOG 20/05/2026

DOG 04/06/2025 (bases reguladoras)

Sede electrónica (sede.xunta.gal): 

  • Prazas para estudantes procedemento BS303B
  • Prazas para persoas colaboradoras bolseiras procedemento BS303C
  • Prazas para persoas traballadoras procedemento BS303D

Modalidades de adxudicación de prazas:

  • Prazas en residencias xuvenís para estudantes.
  • Prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras.
  • Prazas en residencias xuvenís para persoas traballadoras.

Número de prazas e distribución: 

Concello   Residencia    Prazas  estudantes   Colaboradores          bolseiros      Persoas   traballadoras Total
Lugo CR Xuvenil LUG       71           4           6   81
Ourense Florentino López Cuevillas       50           5          5   60
Vigo Altamar       79           6          7   92

Do total de prazas resérvanse 2 prazas en cada residencia para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen e/ou para persoas mozas con expediente de protección aberto. Ademais, na residencia Altamar de Vigo resérvanse 2 prazas para persoas con discapacidade, adaptadas para persoas con mobilidade reducida.

Servizos ofertados:

  • Aloxamento e a mantenza
  • Aula de estudo-biblioteca.
  • Salas de xogos.
  • Televisión.
  • Conexión á internet (wifi).
  • Lavandaría.
  • Actividades culturais e deportivas.
  • Caixa de primeiros auxilios.
  • Ximnasio.
  • Información do seguimento da persoa residente cando os pais e/ou as nais ou as persoas que sexan titoras legais o soliciten.

Durante as fins de semana e os días festivos non se prestarán servizos de mantenza. Durante as vacacións académicas de Nadal e Semana Santa non se ofrecerán os servizos de mantenza nin de aloxamento.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión