A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca probas para a obtención dos títulos de técnica/o e de técnica/o superior de ciclos formativos de formación profesional no curso 2025-2026.
Para público en xeral
Dende o 16/04/2026 ata o 30/04/2026
até as 13:00h.
Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión:
C.I.F.P. e I.E.S. que oferten probas libres para a obtención de títulos LOE-LOXSE
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Coruña. Edif. Adm. de Monelos, 9º andar.
Rúa Vicente Ferrer, 2. 15008 - A Coruña
Tel: 981 184 701
As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico/a ou de técnica/o superior de FP, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo. Nesta convocatoria de probas libres ofértanse tamén os títulos de:
LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: as solicitudes de inscrición poderanse realizar a través de calquera dos seguintes medios:
a) Empregando o anexo I e presentalo, xunto coa documentación requerida, na secretaría de calquera centro público con oferta de probas libres para a obtención de títulos de FP.
b) A través do asistente web: este avisará se é necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico, e ao finalizar o proceso obterase un resgardo de entrega da solicitude. En caso de non achegar a documentación en formato electrónico será imprescindible acudir a un centro educativo coa solicitude e a documentación e solicitar o resgado da entrega. (ver: Guía rápida para elaboración de solicitudes)
PRAZO: do 16 de abril ás 9:00h até o 30 de abril de 2026 ás 13:00h .
OFERTA DE PRAZAS: relación de prazas obxecto desta convocatoria
Dende o 16/04/2026 ata o 30/04/2026
até as 13:00h.
Dende o 04/04/2026 ata o 26/04/2026
Dende o 05/04/2026 ata o 25/04/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible