Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Verán novo 2026

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable pon en marcha o programa Verán Novo: descontos para facilitar aos mozos de entre 18 e 30 anos viaxar tanto por España, en trens e os autobuses de titularidade estatal, como por Europa con Interrail.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Duración:

O desconto aplicarase aos billetes con data de viaxe entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2026.

Requisitos:

  • Nacer entre o 1 de xaneiro de 1996 e o 31 de decembro de 2008.
  • Posuír a nacionalidade española ou estranxeira con residencia legal en España.
  • Rexistrarse na web do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, polo menos 24 horas antes de realizar a primeira compra.

Remuneración / Dotación:

  • Servizos ferroviarios de media distancia convencional e ancho métrico: rebaixa do 90% do prezo dos billetes sinxelos e de ida e volta.
  • Avant: desconto do 50% nos billetes sinxelos e de ida e volta.
  • Servizos comerciais ou alta velocidade de todos os operadores ferroviarios: rebaixa do 50% do prezo do billete, cun máximo de 30 euros por billete.
  • Servizos de autobús regular de competencia estatal: desconto do 90% do prezo do billete sinxelo e o de ida e volta.
  • Desconto do 50% do Global Flexible de Interrail de 10 días en 2 meses, cando se comercialice a través de Renfe .

Páxina web:

https://veranojoven.transportes.gob.es/

Contacto:

Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable

Preguntas frecuentes e contacto

Publicación: BOE 10/06/2026

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión