Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XIX Feira Matemática

AGAPEMA organiza en PALEXCO a Feira Matemática, unha xornada concebida para a divulgación das matemáticas coa que se celebra anualmente o Día Escolar das Matemáticas. O evento está dirixido tanto a alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional como ao profesorado de Matemáticas e todo o público en xeral. O lema deste ano será "Pensamento computacional e intelixencia artificial".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/03/2026

Horario:

de 11.00 a 20.00 h.

Prezo:

de balde

Páxina web:

https://agapema.org/actividades/feira-matematica

Contacto:

Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA)

correo-e: feiramatematica@agapema.org

https://agapema.org

O propósito da Feira Matemática é o de crear un espazo educativo no ámbito matemático co obxectivo de:

  • Intercambiar coñecementos, experiencias e procedementos
  • Mostrar aspectos do proceso de aprender e ensinar matemáticas nun ámbito non formal, libre e espontáneo, no que participan nenos, pais, profesores e público en xeral.
  • Concienciar á sociedade da necesidade de posuír a suficiente educación matemática que nos permita interpretar feitos elementais do acontecer cotiá.
  • Disfrutar das matemáticas e reivindicalas no seu aspecto práctico, lúdico e educativo. 

Cada centro ou entidade poderá participar e solicitar un posto na Feira para mostrar tipo de actividades relacionadas coas matemáticas. Os centros interesados deberán inscribirse no formulario online ata o 28 de febreiro ou ata completar aforo.

LUGAR: Hall de Proa de PALEXCO (Peirao de Transatlánticos, s/n. 15003 - A Coruña)

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión