Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Xornadas Europeas de Arqueoloxía

O Concello da Coruña organiza unha nova edición das Xornadas Europeas de Arqueoloxía, que se desenvolverán os días 13 e 14 de xuño no Castelo de San Antón e no Castro de Elviña, cunha programación dirixida a todos os públicos que inclúe visitas guiadas e actividades participativas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/06/2026 ata o 14/06/2026

Inscricións:

Dende o 09/06/2026 ata o 12/06/2026

ás 10:00 h.

Páxina web:

https://www.coruna.gal

Visitas guiadas

  • Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón:  sábado 13 e o domingo 14 ás 12:00 horas, cun percorrido polas distintas seccións do museo.  Duración: 1:30 min
  • Castro de Elviña: domingo 14 ás 12:00 horas, na que as persoas participantes poderán coñecer o xacemento e os avances das últimas campañas arqueolóxicas. Duración: 1 h 45 min.

Reservas: no teléfono 981 189 850, desde o martes día 9 de xuño ás 10:00 h ata o venres 12 de xuño ás 10:00 h.

Obradoiros infantís para aprender xogando

Nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, nos que se achegarán á arqueoloxía dunha maneira lúdica e participativa. 

  • Castelo de San Antón
    • 13 de xuño, ás  11.45 h.: "Pensar coas mans", centrado na cerámica prehistórica. Inscrición
    • 14 de xuño, ás 11:45 h: "Rock Art", no que a rapazada poderá descubrir o significado dos petróglifos e crear as súas propias reproducións. Inscrición
  • Castro de Elviña
    • 14 de xuño, ás 17:00 h: "Arqueoloxía en acción!", unha escavación simulada para coñecer o traballo de campo. Inscrición
    • 14 de xuño, ás 17:00 h.: "Rastrexando Elviña", un percorrido dinámico con probas que permitirán descubrir os segredos do xacemento. Inscrición

Actividades para público adulto

Ademais, o sábado 13 ás 19:00 h, celebrarase no Castro de Elviña un taller de experimentación arqueolóxica para persoas adultas, no que se dará a coñecer o proceso completo dunha intervención arqueolóxica, desde a prospección ata o rexistro dos materiais. 1 h 30 min. Inscrición

Inscricións: a partir do 9 de xuño ás 10:00 h e ata o 12 de xuño ás 10:00 h.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión