Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XV Edición do curso en liña "Xestión e redacción de proxectos europeos"

YesEuropa organiza, en coordinación coa Asociación de Xestores de Proxectos Europeos (AGEPE), unha nova edición do curso en liña de "Xestión e Redacción de Proxectos Europeos", de 70 horas de duración.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/09/2026 ata o 20/12/2026

Duración:

70h

Prezo:

  • 450 € (bonificado para traballador@s en activo ou en ERTE)
  • 395 € se non podes bonificalo (sendo autónom@s, funcionari@s, estudantes, desempregad@s, bolseir@s etc.) e te matriculas antes do 31 agosto.

Requisitos:

É necesaria a inscrición previa no seguinte formulario

Páxina web:

https://www.cursosyeseuropa.com

Contacto:

YesEuropa

Rúa Buen Gobernador, 5. 28027- Madrid

Tel.: 673 402 139 (WhatsApp)

erasmus@yeseuropa.org

CONTIDO

Temas

Os temas abriranse cada 3 semanas para que os alumn@s os realicen ao seu ritmo. Haberá tamén 4 encontros en directo para cada módulo de 1 hora cada un co profesor para dúbidas relacionadas co curso.

Módulo 1 - A programación UE 2021-2027

Do 14 setembro ao 11 outubro 2026

Que aprenderás?

  • As principais oportunidades de financiamento.
  • Atención cara aos programas relacionados con Medio Ambiente, Xustiza, Dereitos Humanos, Inclusión, Cultura, Educación e Formación.
  • Fontes de información.
  • Onde atopar as convocatorias.
  • Como participar e requisitos financeiros de admisibilidade.

23 Leccións: Terminoloxía específica, empezar a operar coas plataformas, obxectivos dun proxecto e o principio da TRIPLA CONSTRAINT, claves do éxito e do fracaso dun proxecto, Erasmus+, Erasmus para Mozos Emprendedores, Programa Horizon, Europa Creativa, LIFE, CERV, Justice, INTERREG-SUDOE, Fondos Next Generation, Fondo Social Europeo e Corpo Europeo de Solidariedade.

Módulo 2 - Técnicas e metodoloxías de xestión de proxectos

Do 12 outubro ao 8 novembro 2026

Que aprenderás?

  • Analizar unha convocatoria, os seus obxectivos, aspectos a destacar e criterios de avaliación.
  • Análise de viabilidade, elaboración do Logical Framework e planificación dunha proposta.
  • Análise do contexto, necesidades, obxectivos e resultados esperados.
  • O partenariado: como elixir bos socios e que erros evitar.

14 Leccións: crea a túa marca persoal europea, concept note, afrontar un formulario, obxectivos + plan de traballo, procura de Socios e identificación de Participantes, actividades e paquetes de traballo.

Módulo 3 - A xestión e execución do proxecto europeo

Do 9 ao 29 novembro 2026

Que aprenderás?

  • Planificar a repartición de tarefas entre os socios.
  • Construír unha boa proposta.
  • Exemplos de boas prácticas na xestión.
  • Organizar as actividades.
  • Planificación temporal.
  • Exercicio práctico: O EU Project Manager Canvas.

13 leccións: proxecto aprobado, que pasa agora?, análise de riscos, xestión e execución do proxecto europeo, roles e responsabilidades, modelo RASCI, avaliación e Seguimento. CAWI e CAME, difusión e impacto, que e como avalían os evaluadores, impacto e sostibilidade.

Módulo 4 - A xestión económica

Do 30 novembro ao 20 decembro 2026

Que aprenderás?

  • Planificar a creación do orzamento.
  • Orzamentos a tanto alzado e analíticos.
  • Gastos admisibles e non admisibles.
  • Custos directos e indirectos.
  • Entender as diferentes partes dun orzamento.
  • Sostibilidade, avaliación, seguimento

11 leccións: construír e planificar un orzamento, a xestión económica cos socios, xustificación económica, xustificación, emendas, informe intermedio, o informe final, análise documental, inspeccións e auditorías.

4 Titorías en liña en directo

Correspóndense a cada un dos módulos impartidos, estarán co profesor en grupo en directo. Se non podes acudir a esta sesión en directo, grávase e sóbese á plataforma.

3 Traballos prácticos obrigatorios

Entregarás tres traballos prácticos de aplicabilidade inmediata para empezar a operar con proxectos europeos. Un dos traballos é un exercicio práctico final de redacción dun mini-proxecto europeo baseado na túa idea que avaliará o profesor.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión