Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Ata o 23/12/2025
O Concello de Ferrol convoca proceso selectivo, polo procedemento de concurso-oposición, para a selección de persoal funcionario interino para o desenvolvemento do Programa de Inclusión Social 2026/2027: 1 praza de licenciado/a en dereito, 3 prazas de traballador/a social, 2 prazas de orientador/a laboral e 1 praza de educador/a social.
Ata o 28/02/2026
Co obxectivo de estimular e fomentar a creación contemporánea entre novos artistas nas variantes de fotografía, pintura e escultura, A Universidade Loyola, a través do Servizo de Cultura e Formación Complementaria, organiza a oitava edición do Certame de Creación Artistas Emerxentes.
18/12/2025
Nesta edición do Encontro Dentro–Fóra. Arte Contemporánea en Galicia preséntanse os proxectos desenvolvidos no Programa de residencias artísticas do Centro de Arte FMJJ / NORMAL xunto cos procesos en curso das persoas residentes actuais. Alén das presentacións individuais, o programa propón un marco para dialogar sobre territorios, ruralidades, memoria, arquivo, creación colectiva, afectos e transformación social.
Ata o 17/03/2026
A Casa-Museo Manuel María organiza un concurso de videopoemas que ten por finalidade a potenciación da creatividade artística a través da conxunción da palabra, o son e a imaxe, e o coñecemento e difusión da obra de Rosalía e Manuel María.
Ata o 28/01/2026
O Certame Literario María Agostiña, organizado polos institutos de educación secundaria de Lorca, convida a mozas de 16 a 23 anos a participar con obras inéditas en español.
Ata o 30/01/2026
A Fundación hna convoca a V edición de Bolsas de Excelencia para estudos de posgrao en arquitectura, arquitectura técnica e química, en centros estatais ou estranxeiros.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible