Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Ata o 09/02/2026
A Universidade da Coruña, no marco do convenio Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos convoca 2 bolsas para a realización de prácticas académicas externas.
Ata o 06/02/2026
Poceso selectivo, mediante concurso-oposición libre, para a creación dunha bolsa de emprego para a cobertura de postos de traballador/a social (A2) no Concello de Vimianzo, para o desenvolvemento das funcións e tarefas específicas da especialidade profesional correspondente, como funcionario/a interino/a.
Ata o 12/02/2026
A Universidade Complutense de Madrid convoca concurso-oposición de promoción interna e sistema xeral de acceso libre para a provisión de 69 prazas de persoal técnico, de xestión e de administración e de servizos laboral fixo de administración e servizos dos grupos e niveis salariais A1, A2, B2, C1, C2, C3 e D.
Ata o 12/02/2026
A Universidade Complutense de Madrid, pola que se convoca concurso-oposición de promoción interna e sistema xeral de acceso libre para a provisión de 32 prazas de persoal técnico, de xestión e de administración e de servizos laboral fixo dos grupos e niveis salariais A1, A2, B2,B1, C1 e C2.
Ata o 13/02/2026
A Universidade Complutense de Madrid convoca proceso selectivo, mediante o sistema de concurso-oposición libre, para a provisión de 11 prazas de persoal técnico, de administración e servizos laboral fixo dos grupos e niveis salariais A1, A2, C2 e C3: — Grupo A, Nivel Salarial A1: 3 prazas. — Grupo A, Nivel Salarial A2: 1 praza. — Grupo C, Nivel Salarial C2: 4 prazas. — Grupo C, Nivel Salarial C3: 3 prazas.
Faranse varias edicións durante a duración do programa.
O prazo está aberto permanentemente.
Formación e mentorización en transformación dixital para persoas desempregadas ou traballadoras que queiran converterse en Axentes do Cambio Dixital. Obterán os coñecementos e habilidades necesarias para impulsar a transformación dixital nas empresas e con iso mellorar a produtividade e crecemento nacional e internacionalización.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible