Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Actividades de marzo nas Naves do Metrosidero

Presentamos as actividades de marzo para o Espazo Xuvenil Naves do Metrosidero. Se tes entre 12 e 30 anos non dubides en anotarte.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/03/2026 ata o 28/03/2026

Enderezo:

Naves do Metrosidero . 15001 A Coruña

Requisitos:

  • Idades: de 12 a 30 anos
  • Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna (descargar Autorización a menores do apartado de Documentos), ademais de amosar unha copia do DOI da persoa que autoriza.

Contacto:

Teléfono/WhatsApp: 621.183.095

Documentos:

Descargar Modelo Autorización menores (PDF) (243 KB)

Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:

  • Espazo Xuvenil Metrosidero
  • Whatsapp 621 18 30 95 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)

Bótalles un ollo a continuación:

Estampación en tea con follas e lixivia

Obradoiro de estampación en tea utilizando follas e lixivia.

Data e hora de realización: 07/03/2026 de 11:00 a 13:30h. 

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Requisitos: Deberán traer a tea que desexan estampar, e deberá ser negra ou dunha cor escura.

Número máximo de prazas: 8 persoas.

8M: Pasapalabra

Rosco de pasapalabra para conmemorar o Día da Muller.

Data e hora de realización: 08/03/2026 de 18.00 a 19.30h.

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 6 persoas.

Iniciación ao skate

Clases de skate de iniciación.

Data e hora de realización: 14/03/2026 de 12:00 a 13:30h e 28/03/2026 de 17:30 a 19:00h.

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Requisitos: É obrigatorio o emprego de casco. Temos préstamo gratuito de skate e proteccións.

Número máximo de prazas: 8 persoas.

Iniciación ao podcasting: edición de son

Obradoiro no que achegar ás persoas usuarias ao medio do podcast e do seu proceso de produción.

Data e hora de realización: 22/03/2026 de 18:00 a 19:30h.

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 8 persoas. .

Torneo de futbolín

Torneo de futbolín por parellas.

Data e hora de realización: 27/03/2026 de 18:00 a 20:00h

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 32 persoas.

Escape Room: "O eco do legado"

Escape room en grupo, empregando as diferentes naves onde terán que atopar as pistas que leven a descifrar o misterio.

Data e hora de realización: 28/03/2026 de 12:00 a 13:30h

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 10 persoas. 

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión