Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • Oficial de Primeira Nave-Almacén no Concello de Ares

    Inscricións:

    Ata o 23/04/2026

    O Concello de Ares convoca proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de oficial de primeira nave-almacén, persoal laboral fixo polo procedemento de quenda libre e sistema selectivo por concurso-oposición.

  • Listas de interinidades e substitucións nas EOI: Galego

    Inscricións:

    Ata o 16/04/2026

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia, na especialidade de Galego, do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).

  • XL Concurso de Cómic “Nobre Vila de Portugalete”

    Inscricións:

    Ata o 30/04/2026

    O Concello de Portugalete convoca o XL Concurso de Cómic “Nobre Vila de Portugalete”.

  • Bolsas para participar nas actividades académicas da UIMP no verán de 2026

    Cando:

    As diferentes actividades desenvolveranse do 22 de xuño ao 11 de setembro 2026.

    Inscricións:

    Ata o 04/05/2026

    A Universidade Internacional Menéndez Pelayo convoca bolsas dirixidas a estudantes e titulados universitarios para a asistencia ás actividades académicas que se celebrarán en Santander durante o verán de 2026.

  • Listas de interinidades e substitucións nas EOI: Portugués

    Inscricións:

    Ata o 16/04/2026

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia, na especialidade de Portugués, do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).

  • XXV Certame Internacional Videominuto

    Inscricións:

    Ata o 30/04/2026

    14:00 h.

    O Vicerreitorado de Cultura e Patrimonio da Universidade de Zaragoza xunto con Cinemaremagnum Servizos Audiovisuais, e en colaboración co Vicerreitorado de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, convocan o XXV Certame Internacional Videominuto.

Convocatorias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión