Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Desde el 23/04/2026 hasta el 06/06/2026
O 9º Festival de Música Contemporánea Resis, organizado pola Asociación Cultural Aïs coa colaboración do Concello da Coruña, presenta unha programación experimental que se desenvolverá ao longo de máis dun mes en diversos espazos da cidade nunha edición na que homenaxeará ao compositor Morton Feldman, figura fundamental da creación musical da segunda metade do século XX, coincidindo co 100 aniversario do seu nacemento.
Hasta el 23/04/2026
O Concello de Ares convoca proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de oficial de primeira nave-almacén, persoal laboral fixo polo procedemento de quenda libre e sistema selectivo por concurso-oposición.
Hasta el 16/04/2026
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia, na especialidade de Galego, do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).
Hasta el 16/04/2026
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia, na especialidade de Portugués, do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).
Hasta el 30/04/2026
El Ayuntamiento de Portugalete convoca el XL Concurso de Cómic “Noble Villa de Portugalete”.
17/04/2026
A Universidade da Coruña (UDC) e o CEIDA, organizan esta xornada científica orientada a fomentar o intercambio académico e a discusión en torno aos retos xurídicos e de gobernanza na xestión de residuos no contexto da transición cara á economía circular.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible