Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Ata o 24/04/2026
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convoca bolsas de formación práctica nas sedes do Fondo Español Garantía Agraria, Ou.A. en Madrid.
Dende o 28/04/2026 ata o 31/05/2026
É precisa inscrición previa.
O CEIDA abre a inscrición para a 29ª edición do Curso Básico en liña de Interpretación do Patrimonio.
Ata o 04/05/2026
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca seis bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento con destino en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, ou nas oficinas da cooperación española (OCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.
Ata o 10/04/2026
A Empresa Municipal Vivenda, Servizos e Actividades, S.A.U. (EMVSA) convoca un proceso selectivo para a contratación temporal e constitución dunha bolsa de emprego para prazas de Asesor/a xurídico/a, Arquitecto/a superior ou técnico/a, Auxiliar administrativo e Auxiliar de xestión social.
Dende o 08/04/2026 ata o 06/05/2026, os mércores e venres
A UNED imparte este curso de oito clases para explicar o contido dos exames internacionais do Trinity: en que consisten as catro partes do exame, o nivel de inglés necesario para realizalos, ferramentas para preparalos correctamente, e como afrontalos con soltura o día do exame. O seguimento pode facerse presencial e en liña en directo ou en diferido.
Dende o 04/04/2026 ata o 26/04/2026
Presentamos as actividades de abril para o Espazo Xuvenil Naves do Metrosidero. Se tes entre 12 e 30 anos non dubides en anotarte.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible