Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

78 resultados

  • Ciclo de conferencias: "Os instrumentos de Humboldt: ferramentas para concibir unha nova visión da natureza - Muncyt

    Cartel sobre un retrato de Humboldt.

    Cando:

    Dende o 17/09/2026 ata o 15/04/2027

    Ao longo do ciclo, investigadores e especialistas de diferentes institucións nacionais e internacionais analizarán a importancia da obra de Humboldt e o seu legado científico desde distintas perspectivas, en que se incluirá a súa relación con América, España e Galicia, así como os vínculos entre ciencia, arte e instrumentación científica. Tamén se poderán seguir a través de YouTube.

  • "Comedia sen título", de Setestrelo Teatro

    Cartel do evento

    Cando:

    11/09/2026

    Setestrelo Teatro presenta "Comedia sen título" no auditorio do Fórum Metropolitano: un drama social e unha peza de teatro experimental baseada na obra inacabada de Federico García Lorca. A obra, da que só se conserva o primeiro acto, desafía o teatro tradicional e aborda temas como o poder, a falta de sensibilidade e a hipocrisía social, todo iso mentres o ensaio de "O soño dunha noite de verán" se ve interrompido polo estalido dunha revolución.

  • Recyclos- taller autorreparación de bicicletas

    Cartel informativo

    A Asociación por unha mobilidade responsable, ofrecen un taller social autoxestionado -Recyclos- de uso gratuíto para calquera persoa asociada ou non. Este servizo, trátase dun espazo de aprendizaxe e apoio técnico no que ti participas activamente nas tarefas de mantemento e reparación da túa propia bicicleta contando coa axuda dunha persoa que che dá soporte no que debes facer.

  • Clubs de lectura das Bibliotecas Municipais

    Banner.

    As Bibliotecas Municipais da Coruña poñen en marcha unha nova tempada dos seus clubs de lectura, con propostas para diferentes idades, intereses e modalidades. Unha programación ampla que ofrece espazos para compartir lecturas, conversar sobre literatura e descubrir novos libros e autores en compañía.

  • Explora Europa con DiscoverEU

    Tren circulando á beira do mar.

    DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que che ofrece, a través dun bono de viaxe, a posibilidade de explorar a diversidade de Europa, aprender sobre o seu rico patrimonio cultural e a súa historia, percorrer as súas vibrantes cidades, descubrir a súa maxestosa natureza e conectar con persoas de todo o continente.

  • Semana Europea da Mobilidade 2026 - INICIACIÓN A MARCHA NORDICA

    Cartel da actividade,

    Desde a área de Deportes proponse a incorporación no programa SEM da celebración de seis (6) saídas de marcha nórdica coa finalidade de facilitar o coñecemento e práctica desta modalidade na poboación que mellora o benestar físico e psíquico, a condición física xeral e a saúde a través dun movemento biomecánicamente correcto e simétrico.

  • LecturArte. Club de lectura. Otoño 2026 - Biblioteca do Museo de Belas Artes

    Cartel do programa.

    LecturArte é un lugar de encontro para personas lectoras a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.

  • VIII Ciclo de cinema "Os ollos abertos"

    cartaz do evento

    Cando:

    Dende o 16/09/2026 ata o 19/09/2026

    A ONG A.I.R.E. organiza en setembro no Fórum Metropolitano a 8ª edición de “Os ollos abertos", o ciclo de cinema gratuíto que aborda, desde diferentes perspectivas, as loitas sociais e colectivas, os dereitos humanos, a igualdade e a participación cidadá. Ao finalizar cada pase haberá un pequeno coloquio para afondar na temática proposta pola película e xerar un espazo de reflexión e diálogo.

  • Xornadas "Tres Trols" nos Castros

    Cartel da actividade.

    Cando:

    03/10/2026

    O vindeiro 3 de outubro a Asociación Draco e as Irmandades do Dado celebra na Tobeira de Oza unha nova xornada de xogos de rol.

  • Jazz Filloa. Programación de setembro

    Nota musical

    Cando:

    Dende o 16/09/2026 ata o 30/09/2026

    O Jazz Filloa presenta a súa programación de concertos e jam sessions para o mes de setembro, con diferentes propostas de música en directo.

resultados 78

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión