Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior, curso 2026-2027

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior para o curso 2026/27.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 12/06/2026

Requisitos:

a) ACCESO DIRECTO: estarán exentas de realizar a proba específica de acceso ao grao superior quen estea en posesión de:

  • Título de técnico/a de Artes Plásticas e Deseño ou equivalente.
  • Título de técnico/a superior de Artes Plásticas e Deseño ou equivalente.
  • Título de bacharelato, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.
  • Título superior ou de grao en ensinanzas artísticas superiores de Artes Plásticas nas súas diferentes especialidades, ou equivalente.
  • Título superior ou de grao en ensinanzas artísticas superiores de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou equivalente.
  • Título superior ou de grao en ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
  • Titulación universitaria de licenciatura ou grao en Belas Artes, Arquitectura superior ou grao en Arquitectura ou Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.
  • Quen, estando en posesión dos requisitos académicos de acceso, acredite ter experiencia laboral de, polo menos, 1 ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo ao que se queira acceder

b) ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA: as persoas que posúan o título de Bacharelato, ou equivalente, ou título de técnico/a de FP deberán superar unha proba específica (aquelas persoas que teñan pendentes algunha materia de bacharelato poderán presentarse á proba específica de acceso, e deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida con anterioridade á adxudicación de prazas)

c) ACCESO PARA O ALUMNADO QUE NON REÚNA OS REQUISITOS ACADÉMICOS: as persoas aspirantes que non estean en posesión da titulación requirida deberán ter cumpridos 19 anos, feitos no ano natural de realización da proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato, ou 18  anos se se acredita estar en posesión dun título de técnico/a relacionado con aquel ao cal se desexa acceder (*consultar no Anexo I da convocatoria as posibles exencións da proba substitutiva de titulación)

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

INFORMACIÓN:

- nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño 

Na Coruña: Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

R/ Os Pelamios, 2 (15001- A Coruña)

Tel: 981 225 396

Correo-e: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.gal

www.eapicasso.com

PUBLICACIÓNDOG 07/05/2026

PRAZOS DE INSCRICIÓNtanto para o alumnado que cumpre co requisito de titulación como para o que solicita proba substitutiva de requisito de titulación: do 8 de maio ao 12 de xuño de 2026

  • Publicación de listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas: 16 de xuño.
  • Período de reclamación contra a listaxe provisional: 17 e 18 de xuño.
  • Publicación de listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas: 22 de xuño.

Con carácter xeral, as solicitudes cubriranse de xeito telemático a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.gal/eas, empregando certificado dixital ou Chave365, e presentar nos prazos establecidos unha copia asinada da solicitude xunto coa documentación requerida no centro no que se desexe acceder como primeira ou única opción. As persoas solicitantes que non posúan DNI ou NIE poderán acceder ao formulario de inscrición directamente nas secretarías dos centros de inscrición.

Na solicitude de inscrición deberase indicar o ciclo formativo que se desexa cursar, así como a EASD ou CE.ART a que se aspire acceder, por orde de preferencia, ata un máximo 4 opcións. Así mesmo, as persoas aspirantes que precisen realizar a proba específica deberán sinalar o centro en que desexan realizar a proba.

LUGAR DE REALIZACIÓN DAS PROBASnas Escolas de Arte e Superiores de Deseño en que se inscribisen as persoas aspirantes.

DATAS DAS PROBAS:

PROBA SUBSTITUTIVA DA TITULACIÓN DE BACHARELATO23 de xuño de 2026

  • Cualificacións provisorias: 29 de xuño.
  • Reclamacións: 30 de xuño e 1 de xullo.
  • Cualificacións definitivas: 3 de xullo.

A proba constará de 2 partes:

  • 1ª parte (10:00 - 13:00 h): materias comúns. O contido da proba versará sobre as materias comúns do currículo do bacharelato- Lingua galega e literatura - Lingua castelá e literatura - Lingua estranxeira (inglés ou francés) - Historia de España - FilosofíaCumprirá seleccionar 3 das ditas materias e desenvolver por escrito as cuestións que se propoñan para cada unha das tres elixidas. Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo de bacharelato, o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.
  • 2ª parte (16:00 - 17.00 h): materias específicas da modalidade. Versará sobre contidos relacionados coas materias da modalidade de Artes na vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño. Consistirá na realización dun exercicio de composición e deseño onde se amosen coñecementos e aptitudes relacionados coas materias da modalidade

PROBA ESPECÍFICA: 7 de xullo de 2026

  • Cualificacións provisionais: 14 de xullo.
  • Reclamacións: 15 e 16 de xullo.
  • Cualficacións definitvas: 20 de xullo.

A proba constará de 3 exercicios:

  • 1º exercicio (10:00 - 11:00 h)desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo de 1 h., de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coa historia da arte. Neste exercicio valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos.
  •  exercicio (12:00 - 14:00 h)realización, durante un tempo máximo de 2 h., de bosquexos sobre un tema proposto que servirán de base para a realización posterior. Neste exercicio valoraranse as destrezas, as habilidades, a capacidade de percepción, de observación e de aptitude á predisposición para os estudos dos ciclos correspondentes á familia profesional.
  •  exercicio (17:00 - 19:00 h): execución dun exercicio, durante un tempo máximo de 2 h., de xeito que determine o tribunal, cos bosquexos realizados no exercicio anterior dun traballo relacionado co ciclo a que a persoa aspira a acceder. Neste exercicio valorarase a capacidade compositiva, así como a predisposición para os estudos dos ciclos correspondentes á familia profesional.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión