A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2026-2027.
Para público en xeral
17/06/2026
Ata o 05/06/2026
64€
Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia
Rúa Xeneral Martitegui, s/n. 36002- Pontevedra
tel: 886 159 735
e-correo: escola.conservacion.galicia@edu.xunta.gal
Publicación: DOG 27/04/2026
INSCRICIÓN: até o 5 de xuño de 2026.
Le atentamenta a Guía para a inscrición no procedemento de acceso e admisión nas ensinanzas artísticas superiores para o curso 2026/27.
Con carácter xeral, as solicitudes de inscrición cubriranse de xeito telemático a través do formulario dispoñible na aplicación informática «EAS» (https://www.edu.xunta.gal/eas), que permitirá a achega electrónica da documentación requirida para este procedemento. O acceso á dita aplicación poderá realizarse mediante os sistemas de identificación electrónica habilitados para o efecto.
Unha vez finalizada a solicitude na aplicación informática «EAS» e debidamente asinada, deberás presentala na Secretaría do centro de inscrición dentro do prazo establecido. A documentación requirida para o procedemento incorporarase electronicamente na citada aplicación no momento de cubrir a solicitude, polo que non será preciso presentala novamente no centro.
As persoas solicitantes que non dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade estranxeiro (NIE) poderán acceder ao formulario de inscrición directamente na Secretaría do centro.
PROBA ESPECÍFICA DE ACCESO
A proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais constará de 2 exercicios:
- 1º exercicio. Análise dun texto relacionado cos bens culturais, nun máximo de 90 minutos, e terá como obxecto apreciar a madureza e a formación xeral do alumnado, especialmente no referente á comprensión de conceptos, utilización da linguaxe e capacidade de síntese e relación. A cualificación do exercicio será entre 0 e 40 puntos.
- 2º exercicio. Aptitude plástica. O tempo máximo para a realización deste exercicio será establecido polo tribunal de acceso. Este exercicio terá por obxecto apreciar as aptitudes das persoas aspirantes, tanto plásticas como específicas, para a conservación e restauración. Inclúe as seguintes probas:
A cualificación deste 2º exercicio, será a media aritmética da puntuación obtida en cada epígrafe, que se cualificará entre 0 e 20 puntos.
Cualificación da proba: a cualificación global da proba de acceso específica resultará da media ponderada das cualificacións obtidas nos distintos exercicios. O primeiro ponderarase nun 40 % e o segundo nun 60 %. Para a superación da proba de acceso esixirase unha cualificación igual ou superior a 5 puntos.
DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 17 de xuño de 2026 na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
* Deberás presentarte provista/o do teu documento documento oficial de identidade (DNI/ NIE/ pasaporte).
Dende o 06/07/2026 ata o 08/07/2026
Ata o 16/06/2026
Dende o 19/05/2026 ata o 10/09/2026
ás 15:00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible