Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Acceso e admisión ás Ensinanzas Superiores de Deseño, curso 2026-2027

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2026-2027.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/06/2026

Inscricións:

Ata o 05/06/2026

Prezo:

64€

Requisitos:

  • a) Estar en posesión do título de bacharelato, ou dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, ou dun título declarado equivalente ou homologado aos ditos títulos, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
    • As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha materia do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.
  • b) Ter superado unha proba específica de acceso á disciplina correspondente, en que se deberá demostrar que se posúen os coñecementos, capacidades, habilidades e aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas.
  • c) Terán acceso directo, sen necesidade de realizar a proba específica de acceso, as persoas en posesión dun título de técnico ou técnica superior de Artes Plásticas e Deseño.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia 

EASD Pablo Picasso          

Rúa Os Pelamios, 2. 15001- A Coruña            

tel: 981 225 396

e-correo: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.gal

www.eapicasso.com

Publicación: DOG 27/04/2026

OFERTA ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO EN GALICIA

A CORUÑA

EASD PABLO PICASSO

Rúa Os Pelamios, 2.

15001- A CORUÑA

Tel. 981 225 396

www.eapicasso.com

EASD MESTRE MATEO

Rúa Virxe da Cerca, 32.

15703- SANTIAGO

Tel. 981 587 757

www.easd.es

LUGO

EASD RAMÓN FALCÓN

Paseo dos estudantes, 31.

27002- LUGO

Tel. 982 220 790

www.escoladeartelugo.com  

OURENSE

EASD ANTONIO FAILDE

Avda. da Universidade, 18.

32005- OURENSE

Tel. 988 220 000

www.escolarte.com

Oferta de prazas das ensinanzas artísticas superiores nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño dependentes da Consellería para o curso 2026/27:  https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/oferta-prazas_eess_2026-27_gal.pdf

INSCRICIÓN: até o 5 de xuño de 2026

Le atentamenta a Guía para a inscrición no procedemento de acceso e admisión nas ensinanzas artísticas superiores para o curso 2026/27

Con carácter xeral, as solicitudes de inscrición cubriranse de xeito telemático a través do formulario dispoñible na aplicación informática «EAS» (https://www.edu.xunta.gal/eas), que permitirá a achega electrónica da documentación requirida para este procedemento. O acceso á dita aplicación poderá realizarse mediante os sistemas de identificación electrónica habilitados para o efecto.

Unha vez finalizada a solicitude na aplicación informática «EAS» e debidamente asinada, deberás presentala na Secretaría do centro de inscrición dentro do prazo establecido. A documentación requirida para o procedemento incorporarase electronicamente na citada aplicación no momento de cubrir a solicitude, polo que non será preciso presentala novamente no centro.

As persoas solicitantes que non dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade estranxeiro (NIE) poderán acceder ao formulario de inscrición directamente nas Secretarías dos centros de inscrición.

Considérase centro de inscrición aquel que figure na solicitude como primeira opción de preferencia para cursar estudos.

  • Publicación da listaxe provisional de persoas inscritas: 9 de xuño de 2026.
  • Prazo de reclamación: 10 e 11 de xuño de 2026.
  • Publicación da listaxe definitiva de persoas inscritas: 15 de xuño de 2026.

PROBA ESPECÍFICA DE ACCESO

A proba específica constará de dúas partes:

1ª) Primeira parte:

Durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe e/ou material audiovisual proporcionado polo tribunal, os/as aspirantes deberán facer por escrito un comentario crítico e razoado e responder á/s cuestión/s que o tribunal lles formule ao respecto.

Nesta parte da proba, o tribunal valorará:

  • A comprensión dos conceptos, a utilización da linguaxe, a capacidade de análise e síntese e o nivel expresivo e expositivo amosados.
  • A capacidade para desenvolver razoadamente ideas e argumentos.
  • O coñecemento dos valores significativos do deseño en xeral no contexto histórico, cultural e socioeconómico.
  • A identificación e valoración dos movementos artísticos e intelectuais máis representativos en relación co deseño.

2ª) Segunda parte:

Durante un máximo de 4 horas, realizarán 2 exercicios de debuxo:

  • Primeiro exercicio: debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo proposto polo tribunal, realizado a lapis de grafito sobre papel tamaño DIN A3.
  • Segundo exercicio: debuxo a man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de representación máis apropiadas, que serán definidos polo tribunal, do modelo do exercicio anterior.

Nesta parte da proba o tribunal valorará a fidelidade representativa, os coñecementos amosados e a exactitude e limpeza da execución.

A cualificación global da proba de acceso específica ás ensinanzas superiores de Deseño expresarase en termos numéricos nunha escala de 0 a 10, con dous decimais. A cualificación final da proba específica de acceso será o resultado da media aritmética das cualificacións obtidas pola persoa aspirante en cada unha das súas partes, expresada con dous decimais. Considerarase superada a proba a partir da cualificación de 5,00 puntos.

DATAS  E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 17 de xuño de 2026 nas 4 EASD.

  • Primeira parte: das 11.00 ás 13.00 horas.
  • Segunda parte: das 16.00 ás 20.00 horas. 
    • - 1º exercicio: das 16.00 ás 18.00 horas.
    • - 2º exercicio: das 18.00 ás 20.00 horas.

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.

* Para optar ao itinerario de Xoiaría e complementos da especialidade Produto deberá superarse, ademais, unha entrevista. A superación desta entrevista será requisito para a adxudicación das prazas deste itinerario. No caso de non acudir, as persoas aspirantes decaen no seu dereito de concorrer ás adxudicacións das vacantes neste itinerario. O lugar de realización, a data e a hora desta publicaranse nos taboleiros de anuncios dos centros educativos e a través dos medios telemáticos habilitados para o efecto.

► 23 de xuño: publicación das cualificacións provisionais obtidas.

► 25 e 26 de xuño: reclamación, na secretaría da EASD correspondente.

► 30 de xuño: publicación cualificacións definitivas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión