Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Actividades de agosto no Espazo Xuvenil O Remanso

O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de agosto. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 06/08/2026 hasta el 28/08/2026

Dirección:

Espazo Xuvenil O Remanso. A Coruña

Requisitos:

Idades: de 12 a 30 anos.

Contacto:

Espazo Xuvenil O Remanso 

Avda. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña

Tel.: 621 183 038

Documentos:

Autorización para menores nas actividades do Remanso (PDF) (21 KB)

Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:

  • Espazo Xuvenil O Remanso
  • 621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)

Bótalles un ollo a continuación:

AGOSTO

  • 06/08/2026 de 19:00 a 21:00h. Crea o teu Reloxo Solar.
    • É necesaria a inscrición. (10 prazas) 
    • Pronto será o eclipse total máis incrible das nosas vidas, pero... que sabemos sobre o sol? Ven coñecer a estrela que permite a vida na Terra e de paso constrúe o teu propio reloxo solar, un dos instrumentos máis antigos para medir o paso do tempo.
  • 08/08/2026 de 18:00 a 20:00h. Torneo de Futbolín Alexandre de Fisterra. 
    • É necesaria a inscrición. (16 prazas) 
    • Chega o verán e no Remanso non pode faltar o noso torneo de futbolín adicado a Alexandre de Fisterra. Apúntate a esta competición individual, na que a victoria verdadeira sempre a leva quen máis se divirte.
  • 14/08/2026 de 20:00 a 22:00h. Karaoke! Festa dos '80 Total Eclipse of a Summer. 
    • É necesaria a inscrición. 
    • Celebramos o mes do eclipse total cunha festa ambientada nos anos 80. Pásate coa túa mellor caracterización desta fabulosa década e trae moitas ganas de cantar.
  • 20/08/2026 de 19:00 a 21:00h. Crea a túa Lámpada Lunar. 
    • É necesaria a inscrición. (10 prazas) 
    • Neste obradoiro pringaremos as mans para construir unha bonita lúa luminosa que enfeitará calquer recunchiño da nosa casa. Aproveitaremos tamén para aprender un pouquiño máis sobre o noso misterioso satélite.
  • 28/08/2026 de 19:00 a 21:00h. Compartir historias. Quedada lectora: Maxia e fantasía. 
    • É necesaria a inscrición. (10 prazas) 
    • Un dos nosos xéneros máis queridos será o protagonista desta quedada lectora do mes de agosto. Comparte o teu libro favorito de maxia ou fantasía e anímate a ler en alto algunha das pasaxes que che parezan máis épicas.
  • 28/08/2026. I Certame de relatos curtos de ciencia ficción. 
    • Fin do prazo para entregar os relatos que partcipen no I Certame de Relatos Curtos de Ciencia Ficción.

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión