Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de maio. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.
Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:
Espazo Xuvenil O Remanso
621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)
Bótalles un ollo a continuación:
MAIO
05/05/2026 de 18:00 a 20:30h. Torneo One Piece (principiantes).
É necesaria a inscrición (8 prazas)
Despois da presentación de rigor traemos de volta o TCG de One Piece pero formato torneo. Para principiantes e con mazos de préstamo.
13/05/2026 de 18:00 a 20:00h. Pinta a túa camiseta.
É necesaria a inscrición. (8 prazas)
O verán está á volta da esquina, chegou o momento de lucir a túa cami e que mellor que decorada por ti. Ti pos a camiseta e nós o material!
07/05/2026, 14/05/2026, 21/05/2026 e 28/05/2026 de 18:00 a 20:00h. Diario Creativo.
É necesaria a inscrición. (8 prazas)
Toda esa creatividade que che nace, non a deixes perder... Inicia con nós esta viaxe polos diarios creativos, na que cada xoves crearemos unha nova páxina moi persoal, explorando diversas técnicas artísticas.
22/05/2026 de 19:00 a 21:00h. Tarde de xogos"Last friday".
É necesaria a inscrición. (6 prazas)
Xogo de mesa de caza e deducción, inspirado no popular xénero de películas de terror "slasher". Un intrépido grupo terá que sobrevivir a unha finde terrorífica nun campamento de verán ...cun asasino axexando! Seredes quen de sobrevivir?
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible