Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O vestíbulo do Fórum Metropolitano acolle en xullo unha nova edición de Cinenterraza, cunha selección de clásicos do cinema de culto de todas as épocas e estilos proxectados en pantalla grande. Con cada proxección haberá tamén un coloquio con persoas convidadas do mundo de la cultura.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 08/07/2026 ata o 30/07/2026
Horario:
22:30 h
Prezo:
3,00 € (carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €)
Praza de Ourense: de luns a venres das 11:00 ás 15:00 h e das 16:30 ás 19:30 h (excepto festivos)
Fórum Metropolitano: desde media hora antes do comezo da proxección (sempre que queden localidades dispoñibles)
Requisitos:
CONDICIÓNS DE ACCESO E PERMANENCIA ÁS PROXECCIÓNS
Puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante o acceso se se abandona a sala durante a proxección.
Ao acceder á sala de cinema poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
Non se permite consumir alimentos ou bebidas na sala.
Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e luz molestan o resto do público.
Reservado o dereito de admisión.
Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas de cinema teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles as indicacións necesarias.
Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible