A Agrupación Ío, en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, organizan esta charla de Martin Pawley, crítico e programador de cinema e coordinador dos grupos de traballo sobre contaminación luminosa e diversidade da Agrupación, que terá lugar no planetario da Casa das Ciencias.
Para público en xeral
29/12/2025
19:30h.
entrada libre até completar a capacidade do recinto.
Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
tel: 604 054 906
e-correo: info@agrupacionio.com
Charla de Martin Pawley, crítico e programador de cinema e coordinador dos grupos de traballo sobre contaminación luminosa e diversidade da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
O 12 de agosto de 2026 Galicia (e en particular, A Coruña) vivirá a única eclipse total de Sol en máis dun século, un evento astronómico que vai traer á cidade un número inmenso de visitantes. Celebra a inminente entrada no ano da eclipse cunha sesión que repasará unha pequena colección de filmes nos que está presente a ocultación do Sol pola Lúa, con exemplos tan grandiosos como o desafío técnico que supuxo filmar con cámaras de cinema unha eclipse real no clásico "Barrabás".
Lugar: planetario da Casa das Ciencias Parque de Santa Margarida, s/n. 15005- A Coruña
Os días 20/02/2026, 13/03/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 05/12/2025 ata o 28/12/2025
Dende o 06/12/2025 ata o 26/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible