Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Galiciencia 2026

Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia destinada a docentes e estudantes de Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP, que ten como obxectivo achegar a ciencia á sociedade dunha forma divertida e accesible a través de charlas, talleres, concursos, espectáculos de ciencia e outras actividades. A edición de 2026, que versará sobre a "Ciberseguridade", terá lugar os días 13, 14 e 15 de maio en Tecnópole (Ourense).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/05/2026 ata o 15/05/2026

Inscricións:

Ata o 16/03/2026

tanto para participar con proxectos como para visitar Galiciencia

Requisitos:

- Para participar en Galiciencia 2025

  • Proxectos
    • Cada centro educativo de Secundaria, Bacharelato e FP pode presentar ata 2 proxectos, dos que se seleccionarán un total de 50 para asistir á feira e para competir polos premios de Galiciencia. Tamén se pode participar de maneira online e, neste caso, non hai límite de proxectos.
    • O prazo de presentación de proxectos remata o 16 de marzo de 2026.
    • Para presentar un proxecto na Galiciencia presencial ou online hai que facer un equipo con 2 alumnos/as como máximo e un docente e explicar a idea a través dun vídeo, en galego ou castelán, en formato horizontal de máximo 1 minuto de duración, subir o vídeo a YouTube e enviar o enlace a través do formulario de inscrición 
  • Concurso Deseño camiseta
    • Aberto a todo o alumnado de primaria dos centros educativos de Galicia. Poderase presentar un máximo de 2 deseños por persoa.
    • Os deseños deben ter como temática a Ciberseguridade. Os participantes deberán enviar (a través do seu profesor/a) un mail cos deseños escaneados ou ben presentar os orixinais na recepción do Parque Tecnolóxico de Galicia
    • O prazo de presentación dos deseños remata o 16 de marzo de 2026.

- Para visitar Galiciencia 2025

  • Poderá visitar a Galiciencia calquera centro educativo de Galicia que se inscriba ata 16 de marzo do 2026
  • Con todos os centros educativos anotados dentro do prazo farase unha selección para primaria e outra para secundaria nas que se valorará:
    • - que o colexio presente proxectos (primaria e/ou secundaria)
    • - que participe nalgún dos concursos abertos para o público
  • Establecerase un máximo por centro de 50 asistentes e un mínimo de 25. O desprazamento en autobús será organizado e custeado por Tecnópole

Remuneración / Dotación:

Soamente os proxectos de Secundaria, Bacharelato e FP seleccionados para participar de forma presencial competirán polos premios da Galiciencia (consultar nas bases as categorías de premios)

O alumnado e docentes seleccionados para participar con proxectos, tanto de forma presencial como online, recibirán un diploma, así como material promocional da Galiciencia 2026. Ademais, os que participen de forma presencial recibirán un obsequio pola súa participación.

Páxina web:

https://galiciencia.com

Contacto:

Tecnópole

Parque Tecnolóxico de Galicia - San Cibrao das Viñas (32900 - Ourense)

Tel.: 988 368 100

correo-e: galiciencia@tecnopole.gal

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión