Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
Utilizamos cookies propias (sesión, personalización, preferencias) para mejorar la experiencia del usuario a través del sitio web y cookies de terceros generadas por servicios o proveedores externos a la webque recopilan datos estadísticos, de uso, gustos de los usuarios, etc Aceptando todas las cookies da su consentimiento expreso para que se registren y utilicen tanto las cookies propias como las de terceros. Rechazando las cookies acepta que se utilicen exclusivamente las cookies propias para mejorar la experiencia de usuario. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de Normas de uso
Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia destinada a docentes e estudantes de Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP, que ten como obxectivo achegar a ciencia á sociedade dunha forma divertida e accesible a través de charlas, talleres, concursos, espectáculos de ciencia e outras actividades. A edición de 2026, que versará sobre a "Ciberseguridade", terá lugar os días 13, 14 e 15 de maio en Tecnópole (Ourense).
A quién va dirigido:
Para público en general
Cuándo:
Desde el 13/05/2026 hasta el 15/05/2026
Inscripciones:
Hasta el 16/03/2026
tanto para participar con proxectos como para visitar Galiciencia
Cada centro educativo de Secundaria, Bacharelato e FP pode presentar ata 2 proxectos, dos que se seleccionarán un total de 50 para asistir á feira e para competir polos premios de Galiciencia. Tamén se pode participar de maneira online e, neste caso, non hai límite de proxectos.
O prazo de presentación de proxectos remata o 16 de marzo de 2026.
Para presentar un proxecto na Galiciencia presencial ou online hai que facer un equipo con 2 alumnos/as como máximo e un docente e explicar a idea a través dun vídeo, en galego ou castelán, en formato horizontal de máximo 1 minuto de duración, subir o vídeo a YouTube e enviar o enlace a través do formulario de inscrición
Aberto a todo o alumnado de primaria dos centros educativos de Galicia. Poderase presentar un máximo de 2 deseños por persoa.
Os deseños deben ter como temática a Ciberseguridade. Os participantes deberán enviar (a través do seu profesor/a) un mail cos deseños escaneados ou ben presentar os orixinais na recepción do Parque Tecnolóxico de Galicia
O prazo de presentación dos deseños remata o 16 de marzo de 2026.
Poderá visitar a Galiciencia calquera centro educativo de Galicia que se inscriba ata 16 de marzo do 2026
Con todos os centros educativos anotados dentro do prazo farase unha selección para primaria e outra para secundaria nas que se valorará:
- que o colexio presente proxectos (primaria e/ou secundaria)
- que participe nalgún dos concursos abertos para o público
Establecerase un máximo por centro de 50 asistentes e un mínimo de 25. O desprazamento en autobús será organizado e custeado por Tecnópole
Remuneración / Coste:
Soamente os proxectos de Secundaria, Bacharelato e FP seleccionados para participar de forma presencial competirán polos premios da Galiciencia (consultar nas bases as categorías de premios)
O alumnado e docentes seleccionados para participar con proxectos, tanto de forma presencial como online, recibirán un diploma, así como material promocional da Galiciencia 2026. Ademais, os que participen de forma presencial recibirán un obsequio pola súa participación.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge.
Instalar ahora un navegador compatible