UDC Saudable e o Concello da Coruña organizan a II Feira Saúde e Sociedade, unha iniciativa aberta á cidadanía que busca crear un espazo de encontro, participación e sensibilización arredor da saúde, o benestar e a inclusión social.
Para público en xeral
15/05/2026
De 16.00 a 21.00 h.
De balde.
UDC Saudable da Universidade da Coruña
Edificio CUR R/ Almirante Lángara, s/n. 15011- A Coruña
tel: 881 014 350
e-correo: udc.saudable@udc.gal
A feira reunirá entidades sociais, sociosanitarias, sanitarias, universitarias e cidadás que traballan a prol da calidade de vida, o acompañamento, a promoción da saúde e a participación comunitaria.
A través dos diferentes postos informativos e actividades, as persoas asistentes poderán coñecer de preto recursos, proxectos e iniciativas vinculadas á saúde integral. Trátase dunha oportunidade para achegar a cidadanía ao labor das entidades e fortalecer redes de colaboración entre a universidade, as administracións públicas e o tecido asociativo.
LUGAR: Xardíns de Méndez Núñez (en caso de choiva, o evento trasladarase ao Ágora).
15/05/2026
Dende o 06/07/2026 ata o 08/07/2026
Ata o 16/06/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible