O 9º Festival de Música Contemporánea Resis, organizado pola Asociación Cultural Aïs coa colaboración do Concello da Coruña, presenta unha programación experimental que se desenvolverá ao longo de máis dun mes en diversos espazos da cidade nunha edición na que homenaxeará ao compositor Morton Feldman, figura fundamental da creación musical da segunda metade do século XX, coincidindo co 100 aniversario do seu nacemento.
Para público en xeral
Dende o 23/04/2026 ata o 06/06/2026
Gratuíta*, retirada de entradas en https://entradas.ataquilla.com ou na taquilla da Praza de Ourense
*Só hai tres excepcións: o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, o 15 de maio no Palacio da Ópera, que será de pago (as localidades para este espectáculo poderanse adquirir tamén en ataquilla.com), e as da Real Filharmonía, o 30 de abril no Auditorio de Galicia, e o concerto da Banda Municipal que é entrada libre ata completar aforo.
Programación na Coruña:
Dende o 20/04/2026 ata o 05/05/2026
Dende o 24/04/2026 ata o 18/07/2026
con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible