Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Letras Galegas 2026: As mulleres das Letras e voz de Begoña Caamaño

Con motivo do Día das Letras Galegas, as Bibliotecas Municipais da Coruña organizan unha programación especial dedicada a Begoña Caamaño, xornalista e escritora fundamental das Letras galegas contemporáneas. Durante varios días, as bibliotecas reivindicarán a creación literaria en galego a través de mostras bibliográficas, recomendacións lectoras, accións participativas e actividades divulgativas e culturais.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/05/2026 ata o 29/05/2026

Prezo:

de balde

Páxina web:

www.coruna.gal/bibliotecas

Contacto:

Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña

www.coruna.gal/bibliotecas/gl/conecenos/as-biblios

PROGRAMA:

  • 13 de maio ás 18.30 h: "Voz e Letras: Roteiro Literario Feminino para a Infancia" da Biblioteca Fórum dirixida a nenos/as de 9 a 14 anos (inscrición previa en www.coruna.gal/bibliotecas)
  • 15 de maio ás 18.00 h: Encontro-charla arredor da figura de Begoña Caamaño "Memoria viva e letra escrita",  na Biblioteca Ágora
  • 21, 28 e 29 de maio ás 18.30 h: Encontros para familias na Biblioteca Os Rosales (inscrición previa en www.coruna.gal/bibliotecas)
  • do 11 ao 23 de maio: proxección do documental "Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul" na Biblioteca Ágora
  • Mostras bibliográficas en todas as bibliotecas "As mulleres das letras e voz de Begoña Caamaño", centros de interese con obras da autora e unha selección de recomendacións lectoras elaboradas polo persoal bibliotecario.

Completando a programación e coa colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, celébrase o concerto de Ialma no AgoraSón primavera 2026, que inclúe e unha entrevista especial accesible en "Bibliosons".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión