Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Letras Galegas 2026: As mulleres das Letras e voz de Begoña Caamaño
Con motivo do Día das Letras Galegas, as Bibliotecas Municipais da Coruña organizan unha programación especial dedicada a Begoña Caamaño, xornalista e escritora fundamental das Letras galegas contemporáneas.
Durante varios días, as bibliotecas reivindicarán a creación literaria en galego a través de mostras bibliográficas, recomendacións lectoras, accións participativas e actividades divulgativas e culturais.
13 de maio ás 18.30 h: "Voz e Letras: Roteiro Literario Feminino para a Infancia" da Biblioteca Fórum dirixida a nenos/as de 9 a 14 anos (inscrición previa en www.coruna.gal/bibliotecas)
15 de maio ás 18.00 h: Encontro-charla arredor da figura de Begoña Caamaño "Memoria viva e letra escrita", na Biblioteca Ágora
21, 28 e 29 de maio ás 18.30 h: Encontros para familias na Biblioteca Os Rosales (inscrición previa en www.coruna.gal/bibliotecas)
do 11 ao 23 de maio: proxección do documental "Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul" na Biblioteca Ágora
Mostras bibliográficas en todas as bibliotecas "As mulleres das letras e voz de Begoña Caamaño", centros de interese con obras da autora e unha selección de recomendacións lectoras elaboradas polo persoal bibliotecario.
Completando a programación e coa colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, celébrase o concerto de Ialma no AgoraSón primavera 2026, que inclúe e unha entrevista especial accesible en "Bibliosons".
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible