Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
NEO é un programa de actividades de verán para mozas/os de entre 12 e 17 anos nas que promover un lecer que favoreza hábitos saudables de utilización do tempo libre.
Se cres que é parecido a Nocturnia… tes toda a razón! Son actividades deportivas, ambientais, artísticas pero realizaranse durante a semana en horarios diurnos e adaptándonos aos tempos da xente máis nova coma ti.
A quen vai dirixido?:
Para mozas/os de entre 12 e 17 anos.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 01/08/2021 ata o 22/08/2021
Mes de agosto 2021
Xa rematou
Inscricións:
O periodo de inscrición será do 28 de xullo ás 10.00 h ata o 30 de xullo, ata ás 12.00 h
Prezo:
Gratuito.
Organiza:
Área de Igualdade, Benestar Social e Participación, a través do servizo municipal de Mocidade.
O programa ten activado un protocolo sanitario específico que estará dispoñible na web. A participación implica a aceptación deste protocolo.
As prazas para cada actividade estarán acordes á normativa de aforos establecida na normativa vixente para actividades de lecer e tempo libre para a xuventude de Galicia.
As actividades ofértanse en cada barrio na rede de centros cívicos agás aquelas que pola súa tipoloxía precisen doutro espazo de realización.
Para participar é obrigatorio, una vez se consiga praza nas actividades, asinar a Declaración reponsable vencellada á situación sanitaria derivada pola covid-19.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible