Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

San Silvestre 2025

O Club Deportivo Rialto, coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes, organiza un ano máis a San Silvestre, a carreira máis divertida do ano que discurre por diversos lugares emblemáticos da cidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

31/12/2025

Inscricións:

Ata o 22/12/2025

Horario:

  • Infantil A: saída ás 16:00 h.
  • Infantil B: saída ás 16.15 h.
  • Infantil C: saída ás 16.30 h.
  • Chupertes: sáida ás 16:45 h.
  • Absoluta (en todas as modalidades): desde as 17.00 h., na seguinte orde:
    • 1º.- Caixón A (participantes con tempos inferiores a 31 min.)
    • 2º.- Caixón B (participantes con tempos superiores a 31 min.)
    • 3º.- CanSilvestre, Andaina e Marcha Nórdica.

Prezo:

  • - ata o 10 de decembro:
    • 12 € na proba absoluta (10 € se teñen chip en propiedade)
    • 15 € na CanSilvestre
    • 5 € nas probas infantís
  • - a partir do 10 de decembro: cada inscrición incrementará o seu custo en 3 € 

Requisitos:

Establécense as seguintes categorías de participación:

  • Categorías infantís:
    • Infantil A: nados entre 01/01/15 - 31/12/16 
    • Infantil B: nados entre 01/01/17 - 31/12/18
    • Infantil C: nados entre 01/01/19 - 31/12/20 
    • Chupetes: nados entre 01/01/21 - 31/12/22
  • Categorías absolutas: maiores de 11 anos, nas seguintes modalidades:
    • Absoluta
    • Participantes con discapacidade
    • Marcha nórdica
    • Empresas: equipos cun mínimo de 4 traballadores/as da mesma empresa
    • CanSilvestre (só se admitirá un can por participante, que deberá levar en todo momento suxeito coa súa correa, e non poderán participar cans incluidos no Rexistro de Cans Potencialmente Perigrosos ou femias en celo)
  • Os/as menores de 14 anos terán que ir acompañados durante todo o percorrido de un adulto, que deberá estar igualmente inscrito na carreira.
  • Os/as menores de 18 años terán que contar con autorización por escrito de pai/nai/tutor.

Remuneración / Custo:

Establécense trofeos para os 3 primeros de cada categoría. Non son acumulativos (excepto a categoría de empresa e disfraces)

Páxina web:

https://sansilvestrecoruna.com

Contacto:

San Silvestre Coruña

correo-e: sansilvestrecoruna@gmail.com 

 Ademais de ser unha experiencia deportiva, a carreira será tamén un evento solidario con puntos de recollida de alimentos non perecedoiros para a Cociña Económica. 

INSCRICIÓN:

a) Online: ata o 22/12/2025, ou ata que se esgoten os dorsais, a través das webs https://sansilvestrecoruna.com e www.championchipnorte.com

b) Presencial: ata o 21/12/2025 ou ata que se esgoten os dorsais no CC. El Corte Inglés (R/ Ramón y Cajal, 57) 

LUGAR:

A carreira disputarase sobre un percorrido urbano e sobre superficie de asfalto:

  • as probas Infantil A (+/-1200 m), Infantil B (+/-600 m) , Infantil C (+/-200 m) e Chupetes (+/- 100 m) celebraranse sobre un circuíto pechado.
  • as categorías Absoluta, Marcha Nórdica, Andaina e CanSilvestre cubrirán +/-7.5 km con saída/meta O Parrote/Marina (percorrido pegado ao mar)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión