O Centro Ágora será a sede este ano da 7ª edición da Conferencia Estatal da Cultura que leva por título "Dereitos culturais. Desafíos dunha xestión cultural comprometida", un evento organizado pola Federación Estatal de Asociacións de Xestores Culturais en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.
Para público en xeral
Dende o 15/12/2025 ata o 16/12/2025
de balde, previa inscrición en https://conferenciacultura.es
A Conferencia Estatal da Cultura aposta pola creación dun espacio común para o debate e a cooperación entre institucións, entidades, empresas e profesionais do sector, tanto do ámbito público como do privado.
Esta edición busca crear un punto de encontro dos profesionais da cultura entorno aos dereitos culturais, a inclusión, a accesibilidade e a sustentabilidade do feito cultual, buscando ofrecer ferramentas, diálogo, debate e innovación na cultura nun momento no que a Intelixencia Artificial (IA) presenta unha nova realidade nas nosas vidas e no sector.
Programa completo dispoñible en: https://conferenciacultura.es
LUGAR: Centro Sociocultural Ágora (Lugar da Gramela, 17. 15010 - A Coruña)
Os días 20/02/2026, 13/03/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 05/12/2025 ata o 28/12/2025
Dende o 06/12/2025 ata o 26/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible