Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

77 resultados

  • Colón Cinema

    cartel Colón Cinema

    Cando:

    Dende o 24/09/2026 ata o 20/12/2026

    Festival de cinema, no Teatro Colón, con grandes clásicos proxectados en versión orixinal subtitulada. Ao final de cada proxección desenvolverase un debate con distintas personalidades do ámbito cultural.

  • Programa de Lecer - Outono 2026

    Cartaz da convocatoria

    Cando:

    Dende o 28/09/2026 ata o 18/12/2026

    O Fórum Metropolitano e o Centro Ágora presentan a súa programación de obradoiros de lecer para o outono de 2026, que ofrece un amplo abano de propostas e actividades dirixidas a persoas adultas: arte, artesanía, literatura, teatro, música, baile, fotografía, cinema, cociña, ciencia, memoria e benestar, ademais de rutas de sendeirismo e clubs.

  • Ciclo de conferencias: "Os instrumentos de Humboldt: ferramentas para concibir unha nova visión da natureza - Muncyt

    Cartel sobre un retrato de Humboldt.

    Cando:

    Dende o 17/09/2026 ata o 15/04/2027

    Ao longo do ciclo, investigadores e especialistas de diferentes institucións nacionais e internacionais analizarán a importancia da obra de Humboldt e o seu legado científico desde distintas perspectivas, en que se incluirá a súa relación con América, España e Galicia, así como os vínculos entre ciencia, arte e instrumentación científica. Tamén se poderán seguir a través de YouTube.

  • Recyclos- taller autorreparación de bicicletas

    Cartel informativo

    A Asociación por unha mobilidade responsable, ofrecen un taller social autoxestionado -Recyclos- de uso gratuíto para calquera persoa asociada ou non. Este servizo, trátase dun espazo de aprendizaxe e apoio técnico no que ti participas activamente nas tarefas de mantemento e reparación da túa propia bicicleta contando coa axuda dunha persoa que che dá soporte no que debes facer.

  • Clubs de lectura das Bibliotecas Municipais

    Banner.

    As Bibliotecas Municipais da Coruña poñen en marcha unha nova tempada dos seus clubs de lectura, con propostas para diferentes idades, intereses e modalidades. Unha programación ampla que ofrece espazos para compartir lecturas, conversar sobre literatura e descubrir novos libros e autores en compañía.

  • Explora Europa con DiscoverEU

    Tren circulando á beira do mar.

    DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que che ofrece, a través dun bono de viaxe, a posibilidade de explorar a diversidade de Europa, aprender sobre o seu rico patrimonio cultural e a súa historia, percorrer as súas vibrantes cidades, descubrir a súa maxestosa natureza e conectar con persoas de todo o continente.

  • Semana Europea da Mobilidade 2026 - INICIACIÓN A MARCHA NORDICA

    Cartel da actividade,

    Desde a área de Deportes proponse a incorporación no programa SEM da celebración de seis (6) saídas de marcha nórdica coa finalidade de facilitar o coñecemento e práctica desta modalidade na poboación que mellora o benestar físico e psíquico, a condición física xeral e a saúde a través dun movemento biomecánicamente correcto e simétrico.

  • LecturArte. Club de lectura. Otoño 2026 - Biblioteca do Museo de Belas Artes

    Cartel do programa.

    LecturArte é un lugar de encontro para personas lectoras a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.

  • VIII Ciclo de cinema "Os ollos abertos"

    cartaz do evento

    Cando:

    Dende o 16/09/2026 ata o 19/09/2026

    A ONG A.I.R.E. organiza en setembro no Fórum Metropolitano a 8ª edición de “Os ollos abertos", o ciclo de cinema gratuíto que aborda, desde diferentes perspectivas, as loitas sociais e colectivas, os dereitos humanos, a igualdade e a participación cidadá. Ao finalizar cada pase haberá un pequeno coloquio para afondar na temática proposta pola película e xerar un espazo de reflexión e diálogo.

  • Xornadas "Tres Trols" nos Castros

    Cartel da actividade.

    Cando:

    03/10/2026

    O vindeiro 3 de outubro a Asociación Draco e as Irmandades do Dado celebra na Tobeira de Oza unha nova xornada de xogos de rol.

resultados 77

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión