41 resultados

Con motivo da realización das III Xornadas de Orientación Artística e Profesional 2026, a Concellaría de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica do Concello da Coruña pon ao dispor da comunidade educativa a Guía Ti Elixes! 2026, co obxectivo de converterse nunha ferramenta práctica que lle facilite a toma de decisións sobre o futuro académico e profesional ao alumnado de educación secundaria e sirva de apoio ao labor dos equipos de orientación de institutos e centros privados.

Dende o 10/02/2026 ata o 21/04/2026
UNED A Coruña organiza este ciclo de divulgación científica e cultural. Conferencias gratuítas previa inscrición. Podes elixir a asistencia presencial ou a asistencia en liña en directo ou en diferido.

Dende o 11/12/2025 ata o 26/04/2026
A Fundación Luis Seoane acolle a exposición "Aquí e agora", do artista Guillermo Monroy.

Dende o 12/02/2026 ata o 28/05/2026
A Fundación Paideia organiza este ciclo de conferencias para reflexionar sobre a educación nun mundo en constante cambio. Ao longo de catro conferencias, unha cada mes, especialistas de referencia analizarán e convidarán a pensar novas formas de aprender, ensinar e convivir, capaces de responder os desafíos sociais, tecnolóxicos e humanos do presente e do futuro.

A Fundación Mº José Jove organiza esta actividade náutica deseñada para grupos reducidos de entidades, onde se ofrece unha primeira experiencia no mar con barcos de vela, adaptados ás necesidades das persoas con discapacidade e sen necesidade de coñecementos previos.

Dende o 30/01/2026 ata o 22/05/2026
Volve o ciclo de artes escénicas "Sen Numerar" ao Fórum Metropolitano con espectáculos de pequeno e mediano formato para público xuvenil e adulto.

Dende o 14/02/2026 ata o 30/05/2026
Ciclo de artes escénicas para familias con espectáculos en pequeno e mediano formato. Ciclo que conta coa colaboración de AGADIC.

Dende o 23/01/2026 ata o 06/06/2026
Velaquí a programación do Ciclo Principal de primavera no teatro Rosalía de Castro.

Dende o 22/11/2025 ata o 01/05/2026
A Fundación MOP organiza "Wonderland", de Annie Leibovitz, a gran retrospectiva da obra desta fotógrafa e retratista. A exposición fará un percorrido polo abraiante universo fotográfico de Leibovitz en toda a súa dimensión, e achegaranos a obra da artista a través de catro seccións diferenciadas que nunca antes foran presentadas de forma conxunta nunha única mostra.

Dende o 15/10/2025 ata o 30/06/2026
O MUNCYT Coruña, ofrece a través deste programa propostas divulgativas elaboradas arredor da colección do museo e, tamén, en relación coas diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas: visitas guiadas e xogos de pistas sobre a colección que se adaptan aos diferentes niveis educativos, e participación en obradoiros orientados á reflexión, experimentación e comprensión de fenómenos científicos relacionados coa colección do museo.
resultados 41
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible