12 resultados

Ata o 02/09/2026
A Universidade de Vigo, convoca 7 bolsas de formación complementaria en centros de investigación.

Ata o 10/08/2026
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, convoca os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior coa finalidade de recoñecer e valorar o esforzo e o traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de formación profesional de grao superior en Galicia.

Ata o 22/09/2026
ás 15.00 horas.
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca 2.111 bolsas para facilitar a colaboración de estudantes universitarios nos departamentos universitarios co fin de iniciarse en tarefas de investigación vinculadas cos estudos que están a cursar e facilitar a súa futura orientación profesional ou investigadora.

Ata o 28/09/2026
A Fundación Universia busca apoiar o acceso e progreso académico de estudantes con discapacidade no curso 2026-2027, promovendo unha educación inclusiva e en igualdade de oportunidades.

Ata o 10/08/2026
O Consello da Cultura Galega convoca catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta entidade

Ata o 07/08/2026
ás 14:00h.
O obxecto deste programa do Igape é a formación de especialistas no ámbito da internacionalización empresarial a través de formación práctica nas Oficinas Comerciais e Económicas, tanto no estranxeiro como en Galicia.

Ata o 30/09/2026
A fundación Adecco convoca estas bolsas co propósito de lograr a inclusión laboral das persoas con discapacidade, fomentando a formación en áreas con maiores saídas profesionais no ámbito empresarial.

Ata o 07/08/2026
No caso de prazas vacantes: 31 de agosto - 4 de setembro de 2026.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca o procedemento para adxudicar prazas de residencia ás persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2026/27.

Alumnado de bacharelato: 20 de xuño - 17 de xullo de 2026. Alumnado de FP: 20 de xuño - 5 de agosto de 2026.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pon en marcha o procedemento para adxudicar as prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo ao alumnado que curse estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados na Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

Dende o 15/05/2026 ata o 15/09/2026
No marco do Convenio de Colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Grupo Santander, a USC decide participar no programa “Bolsas Santander Estudos|Equality". A finalidade das dúas bolsas deste programa é ofrecer a dúas mulleres con bo expediente académico e escasos recursos económicos, a posibilidade de realizar os seus estudos nunha universidade adherida á Conferencia de Reitores de Universidades Españolas apoiándolles durante dous anos na titulación do grao que estean a cursar (2º e 3º de Grao).
resultados 12
Dende o 04/08/2026 ata o 31/08/2026
Ata o 22/09/2026
ás 15.00 horas.
Dende o 06/08/2026 ata o 28/08/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible