Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas do Programa de Iniciación na Empresa 2026/2 - Fundación SEPI

A Fundación SEPI convoca as bolsas do Programa de Iniciación na Empresa, co obxectivo de posibilitar un período de formación práctica no ámbito empresarial a persoas novas sen experiencia profesional.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

  • O inicio da bolsa está previsto o 1 de decembro de 2026.
  • As entrevistas realizaranse desde o día 22 de outubro de 2026.

Inscricións:

Ata o 07/10/2026

Requisitos:

  • Concluír os estudos necesarios para a obtención dun título universitario ou superior de formación profesional nalgún centro docente español recoñecido oficialmente, apto para desempeñar tarefas de acordo coas prazas ofertadas polas empresas e institucións colaboradoras do Programa. A relación de titulacións aptas para poder acceder ás bolsas do Programa poden consultarse na web.
  • Poderán tamén presentar a súa candidatura persoas estudantes universitarias que teñan, como máximo, 30 créditos ECTS pendentes de aprobar, antes da data de incorporación á bolsa.
  • Concluír os estudos necesarios para a obtención do título de que se trate desde o 1 de xaneiro de 2024.
  • Nacer a partir do 1 de xuño de 1996.
  • Non desempeñar traballo profesional algún relacionado coa súa titulación, xa sexa por conta propia ou allea.
  • Estar disposto ou disposta a fixar a residencia no lugar onde vaia a recibir a súa formación práctica.
  • Non ser beneficiario ou beneficiaria dalgún programa de bolsas da Fundación SEPI, nin renunciar a algunha bolsa outorgada por esta institución durante o período formativo.

Remuneración / Custo:

  • Período de formación práctica nalgún dos centros das empresas e institucións colaboradoras no proceso 2026/1 do Programa. As bolsas terán unha duración inicial de seis meses, desde a data de incorporación das persoas beneficiarias que será o 1 de decembro de 2026.
  • Asignación económica mensual de 1100 €, para as persoas beneficiarias que sexan tituladas universitarias ou estudantes que teñan, como máximo, 30 créditos ECTS pendentes de aprobar.
  • Asignación económica mensual de 1000 €, para as persoas beneficiarias que sexan técnicas superiores de formación profesional.

No caso de que o bolseiro ou a bolseira desenvolver a súa práctica formativa no estranxeiro, estas cantidades poderán verse incrementadas nun importe para determinar pola empresa ou institución colaboradora, en función do país de destino da bolsa.

Páxina web:

https://fundacionsepi.es/bolsas

Contacto:

Fundación SEPI

Avda. de Burgos, 8-B, planta 14 (28036 - Madrid)

Tel.: 91 548 83 51

becas@fundacionsepi.es

www.facebook.com/fundacionsepi

Documentos:

Bases completas.pdf (285 KB)

A formación práctica dos bolseiros e bolseiras do Programa poderá levarse a cabo en calquera dos centros das empresas ou entidades que participan neste Programa.

O desenvolvemento da bolsa, a condición de que o centro onde se realiza a práctica formativa así o permita, pode ser en remoto, de forma presencial ou alternando ambas as modalidades.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión