Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
14 bolsas de formación práctica nas oficinas de información turística da Axencia de Turismo de Galicia
A Axencia de Turismo de Galicia convoca bolsas de formación práctica que lles permiten ás persoas tituladas acceder a prácticas tuteladas co fin de actualizar e mellorar os seus coñecementos e habilidades en materias
vencelladas co turismo.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 11/06/2026
Duración:
máxima de seis meses.
Requisitos:
Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea.
Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: grao en Turismo; técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas; técnico superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos.
Só serán válidos os títulos obtidos a partir do 1 de xaneiro de 2021.
Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente.
Inglés: deberase achegar certificado B1 do Marco común europeo de referencia para as linguas ou superior, ou acreditación oficial de nivel equivalente ao B1 ou superior.
Non poderán ser persoas beneficiarias desta bolsa aquelas persoas solicitantes que fosen adxudicatarias dela en edicións anteriores, nin aquelas persoas que fosen adxudicatarias das bolsas en edicións anteriores e que renunciasen a elas durante o seu desenvolvemento.
As persoas beneficiarias non poderán desfrutar de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego ou a renda activa de inserción para persoas desempregadas, no momento da incorporación.
As persoas beneficiarias non poderán ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego no momento da incorporación.
Dificultades técnicas relacionadas coa presentación de formularios por vía electrónica: teléfono de información 012 ou correo electrónico 012@xunta.gal
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible