Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

14 bolsas para a formación práctica en documentación, biblioteconomía e archivística no Congreso

O Congreso dos Deputados convoca catorce bolsas para a realización de estudos e traballos de carácter documental, bibliográfico e archivístico relacionados co Parlamento.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 15/05/2026

Duración:

12 meses, desde o 1 de setembro de 2026 ao 31 de agosto de 2027.

Requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado Membro da UE ou dos signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, e no caso de estranxeiros contar con permiso de residencia legal en España.
  • Dominio do idioma español.
  • Estar en posesión dunha das titulacións seguintes:
    • Título universitario de nivel 3 (Máster) ou superior, en calquera das ramas de Ciencias Sociais e Xurídicas ou Humanidades,
    • Título universitario de nivel 2 (Grao) en calquera das ramas de Ciencias Sociais e Xurídicas ou Humanidades, e unha carga mínima de 60 créditos ECTS nun ou varios títulos propios universitarios incluídos dentro dos ensinos de formación permanente que requiren titulación universitaria previa.
    • Polo menos una das titulacións anteriormente mencionadas ten que ser obtida no curso académico 2020-2021 ou posterior, en universidades españolas ou estranxeiras, neste último caso, a condición de que as titulacións fosen homologadas polo Ministerio de Educación e por resolución definitiva. O título ou a carga de créditos anteriormente mencionada ha de estar directamente relacionado con materias archivísticas, bibliotecarias ou documentais.
  • Ter un expediente académico cunha nota media mínima de 7 nos estudos de Grao ou de Licenciatura polos que se accede á bolsa.
  • Non ser beneficiario/a con anterioridade dunha bolsa no Congreso dos Deputados en calquera das súas modalidades.

Remuneración / Dotación:

1.500 euros brutos mensuais. 

Páxina web:

www.congreso.es

Contacto:

Congreso

Praza das Cortes, núm. 1. 28014 Madrid

Correo electrónico: becasdba2026@congreso.ess

Publicación: BOE 23/04/2026

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión