Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

24 bolsas de formación no ámbito das competencias da Fundación Biodiversidade

A Fundación Biodiversidade, F.S.P., convoca bolsas de formación destinadas a persoas con titulación universitaria, de formación profesional ou certificado de profesionalidade no ámbito das competencias da Fundación.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 05/06/2026

Duración:

Máximo 12 meses.

Requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou ser nacional dalgún Estado membro da Unión Europea ou estranxeiros/as residentes en España.
  • Título de grao universitario, de formación profesional ou certificado de profesionalidade relacionado coas materias e especialidades das bolsas.
    • Bolsas da área de Conservación e Restauración de Ecosistemas: titulación de Grao universitario na rama de Ciencias da Terra (Ambientais, Bioloxía e outras) e de Ciencias Sociais e Xurídicas (Económicas, Empresariais, Políticas e da Administración e outras).
    • Bolsas da área de Economía Azul e Capacidades para a Transición Ecolóxica: titulación de Grao universitario na rama de Ciencias da Terra (Ambientais, Bioloxía e outras) e de Ciencias Sociais e Xurídicas (Económicas, Empresariais, Políticas e da Administración e outras).
    • Bolsas da área de Cidades: titulación de Grao universitario na rama de Ciencias da Terra (Ambientais, Bioloxía e outras). Tamén candidaturas con outras titulacións de Grao universitario que complementasen a súa formación cun máster en xestión relativo a todos estes aspectos (xestión ambiental, urbana ou similar).
    • Bolsas da área de Investigación e Adaptación ao Cambio Climático: titulación de Grao universitario na rama de Ciencias da Terra (Ciencias Ambientais, Bioloxía e outras afíns). Tamén candidaturas con outras titulacións de Grao universitario que complementasen a súa formación cun máster en Xestión Ambiental.
    • Bolsas da área de bioeconomía: titulación de Grao universitario na rama de Ciencias da Terra (Ambientais, Bioloxía e outras). Tamén candidaturas con outras titulacións de Grao universitario que complementasen a súa formación cun máster en Xestión Ambiental.
    • Bolsas da área de Comunicación: titulación de Grao universitario en materia de comunicación (Publicidade e Relacións Públicas, Xornalismo, Comunicación audiovisual, Ciencias da Información, etc.)
    • Bolsas da área de Secretaría Xeral: titulación de Grao universitario en Dereito.
    • Bolsas da área de Calidade e Estudos: titulación de Grao universitario en Dereito e/ou Grao universitario en Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas.
    • Bolsas da área Económica e de Capital Humano: titulación de Grao Superior en Administración e Finanzas.
  • Finalizar os estudos nos tres útlimos anos anteriores.

Remuneración / Custo:

A persoa beneficiaria poderá optar por algunha das seguintes modalidades:

  • A. Ata 750 € ao mes por 5 horas diarias.
  • B. Ata 1.050 € ao mes por 7 horas diarias.

Páxina web:

www.fundacion-biodiversidad.es

Contacto:

Fundación Biodiversidade

Rúa das Peñuelas, 10. 28005 Madrid

Telf. 91 121 09 20

Publicación: BOE 07/05/2026 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 903615

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión