Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

60 bolsas para o estudo de inglés en Irlanda

A Deputación Provincial da Coruña convoca bolsas para estadías na República de Irlanda co fin de mellorar as competencias lingüísticas de alumnado de 1º de bacharelato escolarizado nun centro público e que resida nalgún concello da provincia, agás A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Prazo ampliado ata o 30/04/2026 ás 14:00 horas.

Duración:

4 semanas en xullo ou agosto de 2026.

Requisitos:

  • Residir e estar empadroado/a co seu pai, nai ou titor/a legal, de ser o caso, nalgún concello da provincia da Coruña (excepto A Coruña, Santiago de Compostela ou Ferrol), cun tempo previo de empadroamento mínimo dun ano ininterrompido 
  • Estar matriculado/a e cursando 1º de Bacharelato, nun centro educativo público situado no termo da provincia da Coruña, no curso 2025-2026.
  • Non ter ningunha materia suspensa no curso de 4º da ESO.
  • Contar no curso de 4º da ESO cunha cualificación de 6 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira: idioma inglés.
  • As persoas interesadas deberán presentar unha solicitude de xeito telemático no apartado específico da sede electrónica da Deputación da Coruña, SUBTEL.

Remuneración / Custo:

A dotación consiste na cobertura do 100 % dos custos derivados da participación no programa. 

Páxina web:

www.dacoruna.gal

Contacto:

Deputación Provincial da Coruña

Avenida Porto da Coruña nº2, 15003 A Coruña

Telf. 981415000

Correo electrónico: deputacion@dacoruna.gal

Publicación: BOP 21/04/2026 (Modificación das bases reguladoras e ampliación do prazo de solicitude)

O programa inclúe:

  • Estadía na República de Irlanda durante catro semanas.
  • Curso preparatorio on-line, previo á estadía.
  • Xestión integral dos preparativos da viaxe e asistencia técnica ás familias.
  • Viaxe e desprazamentos de ida e volta dende A Coruña até a poboación de destino.
  • Transporte interior, aloxamento e manutención en réxime de pensión completa en residencia de estudantes.
  • Asistencia a clases intensivas de inmersión lingüística durante un mínimo de 15 horas semanais.
  • Desenvolvemento dun programa lectivo extraescolar e de ocio que incluirá actividades deportivas e culturais, así como unha visita semanal a un centro de interese histórico-cultural.
  • Titoría e atención integral ao alumnado participante desde a saída ata o regreso, con acompañamento de monitores.
  • Seguimento e control por parte de persoal especializado.
  • Seguro de accidentes de responsabilidade civil.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión