Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas de posgrao no estranxeiro da Fundación "a Caixa"

A Fundación "a Caixa" convoca 100 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades ou centros de investigación do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), América do Norte ou Asia-Pacífico.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 19/01/2026

ata as 14:00 h.

Requisitos:

  • Ter a nacionalidade española ou portuguesa.
  • Acreditar un nivel avanzado do idioma no que se cursarán os estudos de destino.
  • Dispoñer dun título de grao concedido por unha universidade española (candidatos españois) ou universidade portuguesa (candidatos portugueses). Os estudos de grao deben de finalizarse entre xaneiro de 2017 e xullo de 2026.
  • A duración mínima dos estudos debe ser dun curso académico. Para estancias de investigación, a duración mínima serán 9 meses.
  • Os candidatos non poden completar os estudos de grao no estranxeiro antes do inicio da bolsa.

Remuneración / Custo:

  • Gastos de matrícula da universidade onde o bolseiro fose admitido
  • Asignación mensual (variará segundo o país de acollida) e gastos para instalación (equivalentes a unha mensualidade)
  • Os gastos de viaxe: 500 € para países do EEES e 1500 € para Norteamérica e rexión Asia-Pacífico
  • Seguro médico e accidentes.

Páxina web:

https://fundacionlacaixa.org

Contacto:

Fundación "a Caixa"

correo-e: becas@contact.fundacionlacaixa.org

Publicación: BOE 09/12/2025

  • 100 bolsas para cursar estudos de posgrao (máster, doutoramento ou investigación predoctoral) cunha duración máxima de 24 meses.
  • Estudos de posgrao a cursar en calquera país dentro do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), América do Norte (Estados Unidos e Canadá) e a rexión Asia-Pacífico (Australia, Corea do Sur, India, Xapón, Singapura e China).
  • A convocatoria comprende todas as áreas de coñecemento, pero exclúense os programas de Master of Business Administration (MBA).
  • As bolsas están destinadas a estudos de máster ou doutoramento, que deben iniciarse coa bolsa. Tamén se aceptan as estancias de investigación predoctoral científica e técnica.

INSCRICIÓN: en liña en https://fundacionlacaixa.org.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión