Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas para deportistas individuais do Concello da Coruña 2026

O Concello da Coruña convoca 70 bolsas para a mellora e perfeccionamento de deportistas empadroados no Concello da Coruña que destaquen na participación de competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades deportivas durante o ano 2026, co obxectivo de promover o deporte coruñés e conseguir logros deportivos para a cidade da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 06/04/2026 ata o 17/04/2026

Requisitos:

Poderán ser beneficiarias das bolsas as persoas físicas de nacionalidade española que sexan deportistas federadas, en deporte individual, de calquera modalidade, especialidade e categoría, que cumpran cada un dos seguintes requisitos:

  • En relación co deporte individual, inclúense as especialidades deportivas que por regulamento deban ser practicadas por 2 persoas e que non teñan representación individual (quedan excluídas cando poidan realizarse de forma individual, como por exemplo o tenis dobre ou tenis dobre mixto)
  • Ter unha idade mínima de 12 anos e máxima de 40 anos cumpridos na data do último día de prazo de presentación de solicitudes (exceptúase a idade máxima en caso do deporte adaptado para persoas con discapacidade)
  • Levar empadroadas no Concello da Coruña un prazo mínimo de 2 anos, consecutivos ou non, dentro dos 5 anos anteriores ao exercicio en que se realice a solicitude.
  • Demostrar arraigamento na cidade da Coruña, que se realizará a través dalgunha das seguintes formas:
    • - Nacer na cidade da Coruña.
    • - Vivir, e/ou adestrar regularmente na cidade da Coruña.
    • - Estar matriculada nun centro oficial de estudos na cidade da Coruña.
    • - Ter un contrato de traballo nunha entidade con sede na cidade da Coruña e exercelo dentro da cidade.
    • - Ter vínculos familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade na cidade da Coruña.
  • Estar en posesión dunha licenza federativa durante as dúas tempadas anteriores a esta convocatoria e que siga vixente para o ano 2026 expedida pola federación deportiva que corresponda.
  • Pertencer a un club deportivo cuxo domicilio social radique na cidade da Coruña, salvo naqueles casos en que poida xustificarse que non existe na cidade entidade deportiva coas categorías de competición da persoa solicitante.
  • Acreditar nivel deportivo na especialidade, polo menos, nos dous anos anteriores á solicitude, e ter proxección de futuro.

Remuneración / Custo:

  • Bolsas TIPO 1: 10 bolsas por un importe de 5.000 € cada unha.
  • Bolsas TIPO 2: 10 bolsas por un importe de 3.000 € cada unha.
  • Bolsas TIPO 3: 25 bolsas cun importe de 2.000,00 € cada unha.
  • Bolsas TIPO 4: 25 bolsas cun importe de 800,00 € cada unha.

Páxina web:

www.coruna.gal/deportes

Contacto:

Concello da Coruña: Servizo Municipal de Deportes

Rúa Manuel Murguía s/n (15011 - A Coruña)

Tel. 981 18 98 00 

correo-e: uadeportes@coruna.gal

Publicación: 

BOP 01/04/2026 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif): 894928

As bolsas clasifícanse a efectos desta convocatoria nas seguintes categorías:

  • TIPO 1: Bolsas para deportistas que participen nun Campionato do Mundo (poderán optar aqueles/as deportistas que estean en condicións de participaren nestes campionatos)
  • TIPO 2: Bolsas para deportistas que participen nun Campionato de Europa (poderán optar aqueles/as deportistas que estean en condicións de participaren nestes campionatos)
  • TIPO 3: Bolsas para deportistas que participen nun Campionato de España (poderán optar aqueles/as deportistas que estean en condicións de participaren nestes campionatos)
  • TIPO 4: Bolsas para deportistas que participen nun Campionato Galego-Xunta de Galicia (poderán optar aqueles/as deportistas que estean en condicións de participaren nestes campionatos)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión