Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas-prácticas ONCE-CRUE para estudantes con discapacidade da UVigo, 2025-2026

A Universidade de Vigo e a Fundación ONCE convocan 5 bolsas do Programa Bolsas-Prácticas ONCE-CRUE, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento de prácticas para estudantes universitarios con discapacidade, que inclúa a realización de prácticas académicas externas remuneradas, facilitando o seu acceso a unha primeira experiencia laboral e mellorando así a súas oportunidades laborais e a súa carreira profesional.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 10/12/2025

Requisitos:

  • Ter unha discapacidade legalmente recoñecida igual ou superior ao 33% polo organismo competente da comunidade autónoma. Así mesmo e de xeito excepcional para este procedemento, admitirase acreditación a través de resolución de incapacidade do INSS.
  • Estar matriculado/a en centros propios ou adscritos da Universidade de Vigo en titulacións oficiais de grao ou máster universitario no curso 2025/2026.
  • No caso de matrícula en titulacións de grao, ter superado ata o curso 2024/2025 o 50% dos créditos dos estudos de grao.

Remuneración / Custo:

600 €/mes 

Páxina web:

https://secretaria.uvigo.gal

Contacto:

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos da Universidade de Vigo

Edificio Exeria. As Lagoas - Marcosende (36310 - Vigo)

Tel.: 986 81 40 94

correo-e: bolsasformacion@uvigo.es

O período de prácticas terá unha duración de 3 meses consecutivos, e poderán desenvolverse desde o día seguinte á publicación da resolución de concesión das bolsas ata o 31 de outubro de 2026.

INSCRICIÓN

1º.- No formulario en liña dispoñible na secretaría virtual da  UVigo https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index 

2º.- Rexistro na plataforma da ONCE https://becas.fundaciononce.es/paginas/becaspracticasoncecrue.aspx

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión