A Consellería de Política Social e Igualdade convocou para o ano 2025 axudas económicas de carácter periódico a mulleres que sofren violencia de xénero, para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación e/ou de explotación para os casos das mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou vítimas de explotación sexual.
Para público en xeral
Ata o 31/12/2025
A contía das axudas establécese en función das rendas e ingresos da solicitante da axuda en relación co indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente, e en atención ao número de fillas e fillos menores ou menores en acollida a cargo, así como o grao de discapacidade da solicitante e/ou das/os menores a cargo, de ser o caso; nun abano que vai desde 200€/mes até 800€/mes; e até un máximo de doce mensualidades.
Consellería de Política Social e Igualdade. Unidade Administrativa de Igualdade da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, 2. 15008- A Coruña
Tel: 881 881 091 / 881 881 092
e-correo: vx.igualdade@xunta.gal
Publicación: DOG 20/01/2025
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento SI434A
Os días 20/02/2026, 13/03/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 05/12/2025 ata o 28/12/2025
Dende o 06/12/2025 ata o 26/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible