Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Subvencións a entidades sociais

A área de Benestar Social, Participación e Igualdade do Concello da Coruña convoca subvencións para actividades de interese social en materia de igualdade e diversidade no exercicio 2026.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 05/05/2026

Requisitos:

Sede ou delegación na Coruña (acreditada).

Entidade sen ánimo de lucro e con fins acordes á subvención.

Inscrita en REMAC.

Subvencións anteriores xustificadas.

Non incursa en prohibicións legais para subvencións.

Cumprir normativa de igualdade e demais lexislación aplicable.

Remuneración / Dotación:

Este crédito distribuirase con arranxo aos seguintes importes:

  • Liña 1: 60.000 €
  • Liña 2: 90.000 €

O importe máximo que se poderá conceder para cada proxecto é de oito mil euros (8.000,00 €), podendo solicitar cada entidade un máximo dun proxecto.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal

Contacto:

Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación

Avda. Fernández Latorre nº 64 Entreplanta - 15006 A Coruña

Tel. 981 184 258

Tel. de información do Concello: 010

Publicación: BOP 06/04/26

BDNS: 895989

Documentos:

Bases.pdf (1 MB)

Liña 1:

  • Apoia economicamente a asociacións que traballan polos dereitos das mulleres e a non discriminación (por orixe, diversidade cultural, capacidades, xénero, orientación sexual, etc.).
  • A axuda cobre gastos de funcionamento para fortalecer o tecido asociativo na Coruña.
  • Non poden solicitala entidades que xa reciban outra axuda municipal para eses mesmos gastos.

Liña 2:

Financia actividades e proxectos relacionados con:

  • Prevención de violencias machistas e atención a vítimas
  • Promoción da igualdade de xénero
  • Defensa dos dereitos LGTBQI

Divídese en:

  • 2.1: Proxectos para fomentar a igualdade de xénero e eliminar desigualdades entre homes e mulleres.
  • 2.2: Accións de promoción e defensa dos dereitos LGTBQI e contra a discriminación.

Condicións de solicitude:

  • Pódese solicitar unha ou varias liñas/programas.
  • Cada solicitude debe presentarse por separado con toda a documentación requirida.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión