Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Subvencións para residencias literarias fóra de Galicia

A Consellería de Cultura establece a convocatoria da concesión de subvencións para estadías en residencias literarias que se realicen fóra de Galicia, dirixidas a profesionais da creación literaria galega para fomentar a difusión da cultura galega e o impulso de relacións de cooperación.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 18/05/2026

Requisitos:

  • Poden participar as persoas físicas que interveñan no proceso de creación do libro nos correspondentes labores de escritura, tradución, deseño gráfico e ilustración do libro que acrediten esta condición e desenvolvan o seu traballo no ámbito da Comunidade Autónoma galega.
  • As persoas solicitantes deberán contar coa aceptación expresa de participación na residencia para a cal soliciten a axuda a través desta orde
  • As persoas solicitantes presentarán un proxecto de creación por estadía na residencia para a cal soliciten subvención que non exceda as 10 páxinas.
  • As obras resultantes deberán estar correctamente realizadas en galego, segundo o disposto na lexislación vixente. 
  • As persoas participantes responderán da orixinalidade e autoría dos proxectos obxecto de subvención e deberán garantir que posúen lexitimamente todos os dereitos de propiedade intelectual sobre eles.
  • As persoas creadoras beneficiarias comprométense a mencionar que parte do desenvolvemento da obra tivo lugar durante o período de residencia subvencionada pola Xunta de Galicia.

Remuneración / Dotación:

O importe concedido non poderá superar os seguintes limites económicos segundo o destino das persoas participantes na residencia:

- España: ata 500 €/persoa.

- Europa e países ribeiregos do Mediterráneo: ata 900 €/persoa.

- Resto do mundo: ata 1.600 €/pers

Páxina web:

https://sede.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia - Monte Gaiás, s/n 15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

subdireccion.bibliotecas@xunta.gal

Tel.: 881 999 778 / 981 544 810

Publicación: DOG 16/04/2026

Sede electrónica (procedemento CT215D)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión