Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

39 Edición premios "Tiflos" de Literatura e Xornalismo

A ONCE convoca por trixésima novena vez consecutiva os Premios TIFLOS: 39 Premio de Poesía, 36 Premio de Conto, 28 Premio de Novela e 28 Premio de Xornalismo. Un certame co que a Organización promociona anualmente a creación literaria en lingua castelá e impulsa a escritura entre as persoas cegas ou con discapacidade visual grave.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Premios Tiflos de Poesía, Conto, Novela: prazo ata 30/09/2025

Premiso Tiflos de Xornalismo: prazo ata o 30/01/2026

Requisitos:

  • Escritores de calquera país, maiores de dezaoito anos, sempre que presenten os seus traballos en lingua castelá.
  • Os escritores con discapacidade visual grave, deberán acreditar esta circunstancia convenientemente. Considerarase discapacidade visual grave:
    • Ter unha agudeza visual igual ou inferior a 0,1
    • Dispoñer dun campo visual diminuído a 10 graos ou menos.
  • Os textos deberán ser orixinais e inéditos na súa totalidade, non publicados e non premiados noutros concursos, así como libres na súa temática, estilo e tratamento, e deben estar concluídos antes da data de publicación da presente convocatoria (11/06/2025).
  • Os traballos terán unha extensión de entre 500 e 1.000 versos en poesía, entre 500 e 1.000 liñas en prosa, entre 90 e 120 páxinas para o xénero de conto−entendido como colección de contos− e entre 175 e 300 páxinas para o xénero de novela
  • O envío dos traballos realizarase de forma electrónica, a través do formulario web habilitado para tal efecto (plica electrónica). Non se admitirá a remisión de obras impresas en papel ou noutros soportes.
  • O Premio Tiflos de Xornalismo outorgarase aos traballos publicados en medios de comunicación do Estado español que, en opinión do Xurado, mellor exalten os valores relacionados coa integración das persoas con discapacidade e a supresión de barreiras físicas e mentais que, en determinadas ocasións, impón a sociedade a quen non están en situación de valerse por si mesmos en igualdade de condicións.
  • Os traballos, que deberán ser publicadoso emitidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025, poderán presentarse en calquera lingua oficial do Estado, tendo en conta que os que se presenten nunha lingua distinta ao castelán deben achegar a correspondente tradución, para facilitar o labor do Xurado.
  • O Premio Tiflos de Xornalismo terá catro modalidades: Prensa escrita, Radio, Televisión e Xornalismo Dixital. O mesmo traballo non poderá optar a dúas categorías.

Remuneración / Dotación:

  • Premio Tiflos de Poesía: 10.000 €, diploma e edición impresa pola Editorial Edhasa/Castalia.
  • Premio Tiflos de Conto: 10.000 €, diploma e edición impresa pola Editorial Edhasa/Castalia.
  • Premio Tiflos de Novela: 20.000 €, diploma e edición impresa pola Editorial Edhasa/Castalia.

Ademais, os escritores con discapacidade visual acreditada, poderán obter os seguintes premios non divisibles:

  • Primeiro Premio Especial de Poesía, de Conto e de Novela: 5.000 € e diploma para cada xénero.
  • Accésit, a proposta do xurado: 2.500 € e diploma.

Premio TIFLOS de Xornalismo: 9.000 € para cada unha das catro modalidades: prensa escrita, radio, televisión e xornalismo dixital.

Páxina web:

https://www.once.es/servicios-sociais/cultura-e-lecer/creacion-literaria/premios-tiflos

Contacto:

Dirección Xeral dela ONCE

(Dirección de Promoción Cultural, Atención ao Maior,Mocidade, Lecer e Deporte)

Rúa do Prado, 24. 28014- Madrid

Tel.: +34 91 506 89 18 / 19

Email: tiflosliterario@once.es

Publicación: BOE 20/06/2025

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión