Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Certame Cooperativismo no ensino

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convoca o Certame de Cooperativismo no Ensino 2026, unha iniciativa ten como obxectivo difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, a través do impulso de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 30/04/2026

Requisitos:

  • Poden participar os centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, presentando os traballos elaborados polo seu alumnado.
  • Modalidades: 
    • 1. Actividades artísticas, dirixida ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial.
    • Poderán presentar a este concurso calquera produción artística en modalidade gráfica ou audiovisual (debuxos, pinturas, maquetas, fotografías, vídeos ou calquera tipo de creación dixital) realizada de forma colectiva (minimo 3 alumnos/as) nos que se reflicta a posta en práctica dos valores e dos principios cooperativos
    • 2. Actividades cooperativizadas, dirixida ao alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial.
    • - Poderán presentar a este concurso as memorias de actividades realizadas cooperativamente por grupos de alumnos ou alumnas (mínimo 3 alumnos/as por traballo)
    • - As actividades poderán consistir, entre outras, na creación de cooperativas escolares, organización de eventos ou festivais, obras de teatro, campionatos deportivos, xornais, páxinas web, programas de radio ou actividades de voluntariado.  
    • 3. Proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.
    • Poderán presentar a este concurso os proxectos empresariais elaborados por eles, baixo a modalidade de proxectos empresariais cooperativos
    • Na elaboración de cada proxecto deberán participar como mínimo 3 alumnos/as dirixidos por un profesor/a 
  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Remuneración / Custo:

  • Modalidades de actividades artísticas e de actividades cooperativizadas:
    • Premio mellor traballo en cada modalidade: 2.500 € 
    • Accésit finalista en cada modalidade: 1.500 € 
    • Os importes dos premios correspondentes cada unha destas modalidades serán aboados aos centros de ensino.
  • Modalidade de proxectos empresariais cooperativos:
    • Premio mellor proxecto: 4.500 €
    • Accésit proxecto finalista: 3.500 €
    • Os importes destes premios serán aboados o alumnado que elaborou o proxecto.

Páxina web:

https://eusumo.gal

Contacto:

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Edificio Adm. San Lázaro, s/n (15781 - Santiago de Compostela)

Tel.:  881 999 268

correo-e: economiasocial.emprego@xunta.gal

Publicación: DOG 23/01/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento TR802O 

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión