Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Concurso "A miña vida é un meme"

Co obxectivo de crear un oasis de diversión en metade do infinito universo dixital, Cultura Inquieta, coa colaboración de Iberdrola, lanza o concurso "A miña vida é un meme".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 17/05/2026

Requisitos:

  • Concurso aberto a persoas de calquera país ou nacionalidade.
  • Pódese reinterpretar un meme ou unha tendencia xa existente ou crear un meme ou unha tendencia orixinal. Aínda que deben ter un ton humorístico, paródico, irónico ou sarcástico, non poden ser irrespetuosas con ningunha persoa ou colectivo.
  • Pódese participar con tantas pezas como se queira. Non terán limitación de tempo e poden estar realizadas en calquera formato: vídeo clásico, reel, animación, IA, montaxes fotográficas, stop motion, etc.
  • As pezas deberán compartirse en Instagram e/ou TikTok (en perfís públicos) xunto ao hashtag #vayameme e coas mencións (que non etiquetas) a @culturainquieta e @iberdrola.
  • Só teranse en conta vídeos compartidos en perfís públicos. Non se admitirán envíos por mensaxe privada, correo electrónico ou stories.

Remuneración / Custo:

  • Primeiro premio: 800 €.
  • 2º premio: 600 €.
  • 3º premio: 200 €.
  • 4º premio: 200 €.
  • 5º premio: 200 €.

Páxina web:

https://culturainquieta.com

Contacto:

Cultura Inquieta S.L.

Rúa de Bocángel, 49 (28028 - Madrid)

correo-e: concursos@culturainquieta.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión