Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Concurso “Desactiva tus prejuicios” Edición 2026

A Fundación Fad Juventud (FAD) organiza o concurso “Desactiva tus prejuicios”, dirixido a persoas novas de entre 14 e 18 anos de idade, co obxecto de reducir a presenza ou emisión de prexuízos negativos e conciencialos sobre as consecuencias que teñen ditos prexuízos e certos estereotipos negativos sobre as persoas e grupos en situacións de discriminación.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 15/05/2026

Requisitos:

  • Ter entre 14 e 18 anos de idade.
  • Residir en España.
  • A inscrición no concurso realizarase de maneira grupal. Os grupos que participen poderán estar compostos por un mínimo de 3 membros, e un máximo de 15. Cada grupo estará representado por unha figura adulta.
  • Poderán presentar produtos elaborados surxidos do seu traballo grupal, que reflexen calquera actividade vinculada coas artes escénicas ou de representación: textos teatrais, pezas breves representadas, propostas ou incluso iniciativas previstas ou desenvolvidas para fomentar esta metodoloxía artística no seu entorno social próximo, etc, sobre a temática mencionada.
  • A participación no concurso realizarase únicamente a través da páxina web específica do mesmo: www.campusfad.org/desactiva-tus-prejuicios/

Remuneración / Dotación:

O premio consistirá en que Fad Juventud apoiará económicamente polo menos unha representación pública do produto gañador (peza, obra ou texto) dende o punto de vista da súa difusión mediática e comunicativa, así como dende o operativo, sempre en función do presupostos dispoñible para elo.

Páxina web:

https://www.campusfad.org/desactiva-tus-prejuicios/

Contacto:

Campus Fad

Avenida de Burgos nº1

28036- Madrid

Tel: 91 383 83 48 

Correo-e: fad@fad.es / consultas@fad.es

Documentos:

Bases (PDF) (589 KB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión