Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Concurso musical RUNAS 2026

O Concello de Ortigueira, a través do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, convoca o concurso musical "RUNAS" destinado á promoción de novos valores da música celta e folk.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 26/04/2026

Requisitos:

  • Poderán tomar parte no concurso as formacións cuxo repertorio aborde a música tradicional dos países de orixe celta, en sintonía coa música habitual que se programa no Festival de Ortigueira, calquera que sexa súa procedencia.
  • Os grupos musicais estarán formados por un mínimo de 2 e por un máximo de 10 compoñentes (no caso de superaren este número, deberán solicitar a autorización da organización exclusivamente por razóns técnicas) e contarán cun repertorio mínimo de 40 minutos.
  • Non poderán participar bandas ou formacións que se tiveran clasificado para a final do Concurso Runas na edición 2025.
  • Deberán presentarse 4 temas musicais, dos cales polo menos 3 serán de creación propia, en formato MP3, 64 ou 128 Kbps preferentemente, e cun tamaño máximo de 10Mb por tema, cunha duración comprendida entre 1 e 6 minutos por tema.

Remuneración / Dotación:

  • Os 3 grupos finalistas actuarán no Festival do ano 2026 e recibirán un caché de 2.000 €
  • Da actuación dos 3 finalistas do Concurso Runas 2026 sairá o gañador que contará con 2 actuacións baixo o marco do Festival: a 1ª no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira en 2027, cun caché de 3.000 €, e a 2ª no marco das Xornadas Medievais do Ayuntamiento de Cortegana (Huelva) en agosto do 2026, con gastos de desprazamento e aloxamento cubertos.

Páxina web:

https://festivaldeortigueira.com

Contacto:

Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 

Tel.: 981 400 000

correo-e: runas@festivaldeortigueira.com - info.festival@concellodeortigueira.com

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión