Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

I Certame Internacional de Relatos de Duelo

O Teléfono da Esperanza de Granada, Editorial Contorna Gráfica e Editorial Tleo convocan o I Certame Internacional de Relatos de Duelo que ten por obxecto reunir nun libro as mellores narracións que sobre o proceso do Duelo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 12/12/2025

Requisitos:

  • Poderán participar todos os escritores, españois ou estranxeiros, residentes en calquera lugar do mundo, e maiores de 18 anos, que presenten a súa obra escrita en castelán.
  • Os relatos, que virarán en torno ao proceso do duelo, ben narrarán feitos e emocións vividas a partir dunha perda propia, ben tratarán de personaxes ou acontecementos, ficticios ou imaxinados, relacionados co episodio do duelo e o vínculo afectivo crebado tras a perda.
  • Os traballos terán unha extensión non inferior a 3000 palabras nin superior a 6000, con formato Arial, 12, a dobre espazo
  • Cada autor poderá presentar un único relato, que ha de ser orixinal e inédito e non premiado en ningún outro concurso ou certame.

Remuneración / Dotación:

  • 1º premio: 3.000 €
  • 2º premio: 1.000 €

A Editorial Contorna Gráfica e a Editorial Tleo publicarán na súa colección Relatos de Duelo as mellores narracións finalistas (incluídas as dúas premiadas) e os autores recibirán, cada un, cinco exemplares da obra editada.

Páxina web:

https://telefonodelaesperanza.org

Contacto:

Teléfono da Esperanza de Granada

C/ Forno do Espadero, 22 (18005 - Granada)

tel.: 958 26 15 16

correo-e: certamenrelatos.granada@telefonodelaesperanza.org

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión